TURISMO

O "Camiño das Burbullas" permitirá catar os mellores escumosos galegos en 19 locais de Santiago do 1 de decembro ao 5 de xaneiro

28/11/2015 Vinte establecementos de Santiago terán na súa oferta deste Nadal unha selección dos mellores escumosos galegos, que o público poderá degustar a prezos comúns nos distintos locais tanto en copa como en botella. Esta oferta conxunta enmárcase dentro do Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos, que se celebrará entre o 1 de decembro e o 5 de xaneiro e que conta co patrocinio de Mar de Frades.

O Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos naceu no ano 2013 a iniciativa dun grupo de locais de hostalería de Compostela co fin de promocionar os viños escumosos de Galicia no mes de decembro, coincidindo coa época de Nadal. Neste Nadal 2015, dende Turismo de Santiago decidiuse apoiar esta iniciativa do sector en vista do seu interese tanto para a dinamización dos locais como para a promoción da cidade como destino para o turismo enogastronómico.

O Camiño das Burbullas. Ruta das Escumosos Galegos pasa así a integrarse dentro do programa complementario da edición de Nadal 2015 de "Compostela Gastronómica". O obxectivo é posicionar a Santiago como o lugar para que tanto os propios galegos coma os visitantes podan descubrir os escumosos que se están facendo no país, cun sector en auxe con grandes posibilidades de desenvolvemento nos vindeiros anos.

Os locais participantes son: A Horta D’Obradoiro, A Casa da Viña, A Curtidoría, A Nave de Vidán, Artesana GastroBar, Bodeguilla de San Láxaro, Bodeguilla de San Roque, Bodeguilla de Santa Marta, Castelao Bar Tapería, Garum Bistró, Arco de Mazarelos, La Casa de la Marquesa, La Cavita, O Celme do Caracol, Reno, O Ferro, The Burguer Lobby, The Seafood Bar, Brasería a Grella.

En total poderán degustarse ata 18 escumosos galegos distintos: Mar de Frades Brut Nature, Avó Marcelo, Feitizo da Noite, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut Nature, Eidosela Burbujas del Atlántico Extra Brut, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut, Etra Brubujas del Atlántico, Brinde de Rosas, Chris Vino Espumoso Brut, Sensem Laxas, Alba Martín, Danza, Señorío de Rubiós Condado do Tea Blanco Brut, Señoria de Rubiós Condado do Tea Brut Nature, Nande Tinto, Burbujas de Baladiña, Lua Jazz Brut Galicia e Espumoso Altos de Torono.

Compartir: