ALCALDÍA
Tras as pasadas eleccións municipais, o Grupo tomou un novo impulso. Neste sentido, constituíronse as tres comisións do mesmo, que presentaron á Asemblea, recibindo o súa visto e prace, unha serie de actividades que se van desenvolver no que resta do presente ano e no 2016. Córdoba recibiu o apoio na súa intención de celebrar, no ano 2017, o Congreso Internacional de Cidades Patrimonio da Humanidade de todo o mundo.
Por outra banda, acordouse celebrar en Ávila, na primavera do ano próximo, un Congreso Internacional de Arquitectura Defensiva. En Ávila tamén terá lugar o concerto inicial do III Ciclo de Música das Cidades Patrimonio, que leva a cabo en colaboración coa Fundación Albéniz.
En materia de Educación e Cultura, realizarase unha nova edición do programa Aula de Patrimonio e unha exposición itinerante de fotografía.
Na área de Patrimonio e Cidade, vaise a crear unha web accesible, poñerase en marcha a primeira fase para crear maquetas tiflolóxicas das cidades, unha campaña de comunicación para protexer o medio ambiente a través do patrimonio e presentáronse á Asemblea as guías didácticas para nenos de Ávila e Cáceres.
Finalmente, na área de Turismo, acordouse a difusión do vídeo promocional das cidades, realizar unha promoción en Bilbao e novos destinos para a exposición Quince cidades, quince xoias de España.
Estiveron presentes na Asemblea Javier Rodríguez Palacios, alcalde de Alcalá de Henares; José Luis Rivas Hernández, alcalde de Ávila; Dolores Marín Torres, alcaldesa de Baeza; Elena Nevado del Campo, alcaldesa de Cáceres; Isabel Ambrosio Palos, alcaldesa de Córdoba; Ángel Mariscal Estrada, alcalde de Cuenca; Rafael Ruiz González, alcalde de Ibiza/Eivissa; Antonio Rodríguez Osuna, slcalde de Mérida; Alfonso Fernández Mañueco, alcalde de Salamanca; José Alberto Díaz Domínguez, alcalde de San Cristóbal de La Laguna; Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Santiago de Compostela; Clara Luquero Nicolás, alcaldesa de Segovia, Don Josep Félix Ballesteros Casanova, alcalde de Tarragona; Milagros Tolón Jaime, alcaldesa de Toledo; e Antonia Olivares Martínez, alcaldesa de Úbeda, así como algúns tenentes de alcalde e concelleiros de varias cidades.
A celebración desta Asemblea en Ávila, cuxo alcalde, José Luis Rivas, ostenta a presidencia da rede dende o pasado 1 de xullo, coincide coas celebracións do V Centenario do Nacemento de Santa Teresa de Jesús e coa clausura da exposición Las Edades del Hombre que leva por título "Teresa de Jesús, maestra de oración", dedicada á figura da mística abulense.
Entrega do Premio Patrimonio 2015
Previamente, na tarde do venres, o Grupo celebrou unha reunión da súa Comisión Executiva preparatoria da Asemblea e fíxose entrega do Premio Patrimonio 2015 á Administración de Intramuros (Manila, Filipinas) polo seu traballo a favor da recuperación da cultura española neste distrito da capital filipina. O acordo foi adoptado o pasado sábado 18 de xullo pola Asemblea de Alcaldes das 15 cidades españolas incluídas na Lista de Patrimonio Mundial, celebrada en Tarragona.
As cidades Patrimonio da Humanidade solicitarán axudas económicas a nivel estatal e europeo para paliar o sobrecusto que supón a conservación dos seus cascos históricos
31/10/2015 As 15 cidades Patrimonio da Humanidade van solicitar axudas económicas específicas tanto a nivel estatal como da Unión Europea para paliar o sobrecusto que supón ás mesmas a conservación dos seus centros históricos. Este foi o principal acordo adoptado polos alcaldes asistentes –entre eles o compostelán, Martiño Noriega- á Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España que tivo lugar este sábado en Ávila. A reunión celebrouse no Palacio dos Verdugo, sede permanente da Secretaría Xeral do Grupo.
Os concelleiros de Facenda das 15 cidades coordinaranse para presentar un paquete de medidas, vía impostos ou exencións, ao Ministerio de Facenda, unha vez estea constituído o novo Goberno de España, co fin de ter compensacións económicas para cubrir o sobrecusto de mantemento dos centros históricos, que é maior ao doutras cidades, coa finalidade de que os devanditos centros históricos sigan estando vivos e siga habitando xente nos mesmos.Tras as pasadas eleccións municipais, o Grupo tomou un novo impulso. Neste sentido, constituíronse as tres comisións do mesmo, que presentaron á Asemblea, recibindo o súa visto e prace, unha serie de actividades que se van desenvolver no que resta do presente ano e no 2016. Córdoba recibiu o apoio na súa intención de celebrar, no ano 2017, o Congreso Internacional de Cidades Patrimonio da Humanidade de todo o mundo.