TURISMO
A candidatura contou co apoio do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se celebrará o evento, e a empresa TESEC.
Santiago tivo un stand no congreso da Sociedade, que se celebrou a pasada fin de semana en Madrid. No stand, posible grazas á colaboración entre os promotores do congreso de Santiago, o SCCB, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia e TESEC, amosouse aos participantes no congreso as posibilidades de Santiago como cidade de Congresos.
Santiago acollerá o 70º congreso da SEORL
31/10/2015 Santiago acollerá os 1.500 participantes estimados para o 70º Congreso Nacional da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial (SEORL), que se celebrará nos meses de outubro ou novembro do 2019, nunha datas aínda por definir.
A candidatura de Santiago de Compostela para ser sede del 70 Congreso Nacional do SEORL foi presentada polos doutores Pablo Parente Arias, otorrinolaringólogo do Instituto Policlínico Rosaleda, e Carlos Martín Martín, xefe do servizo de otorrinolaringoloxía do CHUS.A candidatura contou co apoio do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se celebrará o evento, e a empresa TESEC.