FACENDA
Reequilibrio territorial
O tipo impositivo conxélase no rural no 0,54, incorporándose bonificacións do 30% para as vivendas con carencia dun servizo básico; do 60% para as que carezan de 2; e do 90% para as que carezan de ata 3 servizos básicos. Con esta proposta, asegura María Rozas que "pasamos das palabras aos feitos, con medidas reais para o rural. Nas últimas lexislaturas falábase de acabar cos desequilibrios entre a zona urbana e a rural, pero non se tomaban medidas".
Vivendas baleiras
Santiago incorpora nesta proposta de ordenanzas un recargo do 50% ás vivendas baleiras "para facer presión e á espera de que o Goberno central faga os deberes e defina que é unha vivenda baleira". Entende a edil de Facenda que "así Santiago estará preparada para aplicar este recargo no momento no que mude a lexislación estatal ou autonómica". Trátase dunha medida que incorporan numerosos municipios en España e que se introduce por primeira vez na nosa cidade.
Aumento de bonificacións
A concelleira adiantou que moitas das bonificacións veñen aumentadas ata o máximo legal, como a bonificación para as vivendas de promoción autonómica en construción (que pasan do 70 ao 90%) ou as vivendas de promoción xa construídas, que pasan do 40 ao 50% de bonificación. Ademais, introdúcese un criterio de ingresos para as familias numerosas e non so de valor catastral do inmoble, acadándose unha bonificación do 90% para as familias con ingresos de menos de 500 euros ao mes.
O Goberno local presenta a súa proposta de ordenanzas fiscais, baseada na redistribución da carga fiscal e no aumento das bonificacións
30/10/2015 A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno a proposta de ordenanzas fiscais do Goberno de Compostela Aberta que será debatida na Comisión de Facenda do vindeiro mércores. A edil destacou "o aumento das bonificacións fiscais, moitas delas ata o máximo legal, que farán que moitas persoas se vexan beneficiadas e vexan reducido o seu recibo do IBI".
María Rozas cualificou esta proposta como "redistributiva e de xustiza social", ao incorporar por primeira vez na cidade un criterio de progresividade fiscal gravando cun maior tipo impositivo ao 10% das propiedades non residenciais máis caras. Rozas entende que "é de xustiza social que os que máis teñan aporten un pouco máis para poder cumprir o noso compromiso de duplicar o gasto social de 55 euros por habitante e ano en 2013 a 110 euros no primeiro ano de mandato". Destacou ademais que se trata dunha medida que incorporan nas súas ordenanzas 200 localidades de toda España, entre elas A Coruña, Madrid, Zaragoza, Cambre, Carril ou As Pontes de García Rodríguez.Reequilibrio territorial