CEMITERIOS
Estatísticas do cemiterio
Nos nove primeiros meses de 2015, en Boisaca rexistráronse 285 inhumacións e 82 incineracións. No conxunto do ano pasado, o número de inhumacións elevárase a 336, e o de incineracións a 102.
O cemiterio conta na actualidade con 8.659 sepulturas, 2.433 nichos e 168 panteóns construídos. Ata o 30 de setembro, houbo un total de 53 novas ocupacións: 23 en nichos en aluguer, 7 en nichos en concesión, 16 en sepulturas en concesión, e 7 en cinerarios en concesión. En todo 2014, o número de ocupacións foi de 71.
Nestes momentos están libres 26 nichos e 325 nichos funerarios, e están pendentes de construír 155 sepulturas, autorizadas por unha resolución municipal de agosto de 2014.
Tarifas
As taxas pola utilización do cemiterio son as seguintes:
- Concesións de terreo para a construción de mausoleos, criptas e panteóns: 625,20 €.
- Concesión de nichos por 99 anos:
Primeira clase: 817,30 €.
Segunda clase: 775,70 €.
- Concesións de nichos cinerarios por 99 anos: 148,10 €.
- Concesións de sepulturas por 99 anos: 240,30 €
- Aluguer de nichos segunda clase:
Ocupación polos cinco primeiros anos: 27,80 €.
Prórroga anual de aluguer que exceda de cinco anos: 27,80 €.
- Construción de mausoleos, panteóns, criptas sepulturas baixo terra.
Por permiso e metro cadrados ou fracción de superficie delimitada
por perímetro de zócalo: 36,80 €.
O cemiterio de Boisaca amplía o seu horario por mor da festividade de Todos os Santos
30/10/2015 Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o cemiterio de Boisaca verá ampliado o seu horario de apertura nos días 1 de 2 de novembro. Así, nesas xornadas poderase acceder ao camposanto de 9:00 a 19:00 horas.
Como vén sendo habitual, o Concello reforzará tamén o servizo de transporte urbano ao cemiterio por Todos os Santos e Defuntos. Neses dous días, a Liña 1 contará cunha frecuencia de paso de 16 minutos entre as 9:00 e as 20:00 horas. O resto do día manterase a frecuencia dun día festivo, cada 30 minutos. No caso da Liña C11, o día 1 terá un reforzo en horario de mañá, con pasos cada 15-20 minutos entre as 10:00 e as 15:30 h. A partir desa hora, a frecuencia será cada 20 minutos.Estatísticas do cemiterio