MOCIDADE
As fotos presentaranse a título individual e teñen que ser orixinais e inéditas, e non poden ter sido premiadas noutros certames. Poderán entregarse ata o 30 de novembro, enviándoas á dirección de correo electrónico certamefotomobil@santiagodecompostela.gal.
O premio será de 500 euros, máis a exposición das obras premiadas. Na decisión do xurado pesará principalmente a coherencia na temática do traballo presentado, a creatividade e a orixinalidade, e a calidade técnica.
Na busca dun logo
Tamén chega á súa terceira edición o Certame de Creación ImaxinArt "Búscase logo", que promove e premia a creatividade dos mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. A finalidade do concurso é a creación da imaxe corporativa que se vai empregar nos materiais publicitarios de diferentes iniciativas, programas e actividades da Concellaría.
Os materiais a crear son: un logo da Concellería, un cartel para o programa de actividades, un cartel para o IX Certame MúsicaXove. As técnicas e cores serán libres, sempre e cando non existan dificultades de reprodución.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, de creación individual ou colectiva, e non e necesario presentar traballo en todas as categorías. As obras teñen que ser inéditas e non supoñer, en todo ou en parte, copia ou plaxio de escenas fotográficas, carteis ou debuxos xa publicados. Quedarán excluídas obras premiadas noutros certames.
O premio e de 500 euros en cada unha das categorías, podendo recaer máis dun galardón na mesma persoa.
O prazo de inscrición estará tamén aberto ata o 30 de novembro.
A Concellaría de Mocidade presenta as terceiras edicións dos certames "Foto con sentimento" e "ImaxinArt"
30/10/2015 A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as novas edicións de dous certames dirixidos a mozos e mozas de 14 a 30 anos. Trátase do III Certame de Fotografía co Móbil "Foto con sentimento" e do III Certame de Creación ImaxinArt "Búscase logo".
O Certame de Fotografía co Móbil "Foto con sentimento" cumpre a súa terceira edición co obxectivo de promover e premiar a creatividade dos mozos e mozas afeccionados a fotografía e potenciar o uso das novas tecnoloxías. Os participantes deben plasmar en catro instantáneas, tomadas co móbil, catro sentimentos: amor, odio, ledicia, e tristeza. Teñen que encadrar as súas fotografías en calquera punto da cidade.As fotos presentaranse a título individual e teñen que ser orixinais e inéditas, e non poden ter sido premiadas noutros certames. Poderán entregarse ata o 30 de novembro, enviándoas á dirección de correo electrónico certamefotomobil@santiagodecompostela.gal.