ALCALDÍA
A variante de Aradas, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros, comunicará directamente o Polígono do Tambre coas estradas Santiago-Santa Comba e Santiago-Trazo. Deste xeito, desviarase un importante volume de tráfico que actualmente circula polo barrio de Vite.
Á marxe desta infraestrutura, os alcaldes de Santiago e Val do Dubra falaron na reunión da posibilidade de colaborar en materia de emerxencias, unha preocupación recorrente nas xuntanzas que Martiño Noriega vén mantendo cos rexedores da comarca.
Os alcaldes de Santiago e Val do Dubra reclaman a execución da variante de Aradas
30/09/2015 Martiño Noriega recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira, dentro da rolda de contactos que está a manter cos rexedores da comarca de Compostela. Na reunión, os dous manifestaron o seu malestar polos atrasos que acumula a chamada Variante de Aradas, unha infraestrutura de vital importancia par aos dous municipios.
Martiño Noriega e Antonio Negreira coincidiron en reclamarlle á Xunta que execute dunha vez esta actuación, que se someteu a exposición pública por primeira vez no ano 2011. En 2013, a Xunta aprobou o proxecto definitivo desta infraestrutura, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comprometeuse o ano pasado a que as obras estarían iniciadas neste 2015. A actuación tiña un orzamento de 5,2 millóns de euros.A variante de Aradas, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros, comunicará directamente o Polígono do Tambre coas estradas Santiago-Santa Comba e Santiago-Trazo. Deste xeito, desviarase un importante volume de tráfico que actualmente circula polo barrio de Vite.
Á marxe desta infraestrutura, os alcaldes de Santiago e Val do Dubra falaron na reunión da posibilidade de colaborar en materia de emerxencias, unha preocupación recorrente nas xuntanzas que Martiño Noriega vén mantendo cos rexedores da comarca.