MOBILIDADE
Son dúas novas funcionalidades que mellorarán a experiencia do usuario e que lle permitirán aforrar tempo e sacarlle un maior partido ao transporte urbano da cidade.
A versión 2.0 da aplicación Máis Bus conta con dúas novas funcionalidades
30/09/2015 O Concelleiro de Mobilidade, Jorge Duarte, acompañado do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, deu conta en rolda de prensa da nova versión 2.0 da App Máis Bus, que conta con dúas funcionalidades novidosas.
Os usuarios teñen a posibilidade de configurar as alertas que o desexen, de tal xeito que se informa ao usuario da chegada do autobús coa antelación que o desexe. Ademais, a aplicación incorpora un novo motor de busca que permite o cálculo automático seleccionando aspectos como o punto de orixe, a parada, lugares favoritos ou punto de destino para que a aplicación devolva o itinerario máis rápido para o usuario xunto coas liñas que pode utilizar.Son dúas novas funcionalidades que mellorarán a experiencia do usuario e que lle permitirán aforrar tempo e sacarlle un maior partido ao transporte urbano da cidade.