EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Manolo Dios deu a benvida aos escolares do colexio alemán Carl Benz Gymnasium

30/09/2015 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu a benvida a Santiago de Compostela a un grupo de alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, unha vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin.

No acto, celebrado no salón vermello de Raxoi, tamén participaron escolares do Colexio Manuel Peleteiro, cos que participan nun intercambio.

Compartir: