BENESTAR SOCIAL
En breve, abrirá as súas portas a residencia de Conxo, pero segundo os cálculos municipais, Santiago necesita alomenos outras catro para dar saída á demanda existente. Xosé A. Sánchez Bugallo espera que se poidan acometer estas actuacións nun futuro o máis próximo posible "xa sexa mediante a iniciativa pública, xa sexa pola colaboración da iniciativa privada, xa sexa coa participación das fundacións de caixas de aforros". Para facer posible a construción destes novos centros, o alcalde manifestou a total disposición do Concello á hora de ceder terreos de titularidade municipal. Segundo o rexedor compostelán, este tipo de edificios deben estar nun sitio céntrico da cidade, para que a comunicación e o acceso sexan fáciles.
No acto de celebración do primeiro aniversario, no que participaron ademais do alcalde compostelán, o director xeral de Acción Social, Bieito Seara, o conselleiro delegado de Mapfre, José Luis Sánchez, e o director do centro, Jesús Guzmán, o alcalde salientou a gran calidade da Residencia de Maiores Mapfre Quavitae, a boa ubicación e a excelente atención que o persoal dispensa aos residentes. A nota máis emotiva do acto correu a cargo dun familiar dunha residente, que agradeceu a visita do alcalde e salientou o importante papel que cumpren este tipo de centros na sociedade actual.
O alcalde salienta o compromiso do Concello na creación de novas residencias de maiores a través da cesión de terreos municipais
29/09/2006 Na celebración do primeiro aniversario da Residencia de Maiores Mapfre Quavitae, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou a disposición do Concello a colaborar coa Xunta e outras entidades para pór en marcha novas residencias da Terceira Idade. Sánchez Bugallo manifestou a intención de ceder terreos de titularidade municipal para construír centros que permitan multiplicar de xeito notable o número de prazas coas que actualmente conta Compostela.
O rexedor compostelán fixo fincapé en que a construción de novas residencias para persoas maiores é unha necesidade de primeira orde en Santiago, e unha inversión que debe ser prioritaria para a administración. Sánchez Bugallo lembrou que na cidade a porcentaxe de persoas maiores de 65 anos é algo superior ao 20%, un pouco máis baixa que a galega, que acada o 22%, e o número de prazas para este colectivo é insuficiente.En breve, abrirá as súas portas a residencia de Conxo, pero segundo os cálculos municipais, Santiago necesita alomenos outras catro para dar saída á demanda existente. Xosé A. Sánchez Bugallo espera que se poidan acometer estas actuacións nun futuro o máis próximo posible "xa sexa mediante a iniciativa pública, xa sexa pola colaboración da iniciativa privada, xa sexa coa participación das fundacións de caixas de aforros". Para facer posible a construción destes novos centros, o alcalde manifestou a total disposición do Concello á hora de ceder terreos de titularidade municipal. Segundo o rexedor compostelán, este tipo de edificios deben estar nun sitio céntrico da cidade, para que a comunicación e o acceso sexan fáciles.