ACCIÓN CULTURAL
Nesta tempada, na que a Real Filharmonía de Galicia celebra o seu 20 aniversario, o programa de Abono inclúe ademais dos concertos da RFG, dous concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia e os concertos do ciclo de piano Ángel Brage: Sofya Melikyan, Bertrand Chamayou, Denis Kozhukhin e Javier Otero. No programa participan tamén varios directores e solistas, poderemos escoitar ao coro da Escolanía da Catedral, ao da Sinfónica de Galicia, ao Universitario e ao Orfeón Terra A Nosa, e contaremos con protagonistas como Luis Tosar, Julián Hernández ou Cristina Pato.
Tipos de abono e prezos
Os interesados poden adquirir un abono xeral para toda a temporada ou por trimestres. Ademais haberá un abono colectivo e a modalidade especial de cada un dos abonos cun 50% para estudantes e xubilados. Así, o abono A é o xeral, de outubro a xuño, que contempla un total de 32 concertos e ten un prezo de 332,25 euros, o que significa un 25% de desconto respecto o custo das entradas soltas. Os abonos B, C e D son os trimestrais e todos contemplan un aforro do 15% sobre o prezo das entradas soltas. O abono B sería o que inclúe os concertos de outubro a decembro, un total de 15, e o prezo é de 124,10 €; o abono C serían 11 concertos de xaneiro a marzo e tería un prezo de 132,60 € e o abono D serían os 10 concertos de abril a xuño e o prezo é de 119,85 €.
En canto aos abonos especiais, teñen un desconto do 50% do prezo sobre as entradas soltas en todas as modalidades, co cal o A tería un prezo de 221,5 €; o B de 73 €, o C de 78 € e o D de 70,5 €. Estes abonos están dirixido a xubilados e estudantes. E pechamos as propostas co abono colectivo, dirixido a asociación culturais e veciñais, escolas de música públicas e centros educativos públicos, que ten un prezo de 450 € e inclúe 4 entradas de cada un dos concertos da tempada completa.
O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren o período de renovación do Programa de Abono 2015-2016
31/08/2015 O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren este martes o prazo de renovación dos abonos para a tempada 2015-2016. Todos aqueles abonados da pasada tempada que estean interesados en renovar para a vindeira poden facelo chamando ao teléfono 981 571 026 en horario de 11:00 a 14:00 horas os días 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 e 10 de setembro.
Rematado este prazo abrirase o de novos abonados, persoas que decidan adquirir o abono por primeira vez. Será os días 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24 e 25 e tamén en horario de 11:00 a 14:00 horas, pero nesta ocasión terán que achegarse ao despacho de billetes do Auditorio de Galicia.Nesta tempada, na que a Real Filharmonía de Galicia celebra o seu 20 aniversario, o programa de Abono inclúe ademais dos concertos da RFG, dous concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia e os concertos do ciclo de piano Ángel Brage: Sofya Melikyan, Bertrand Chamayou, Denis Kozhukhin e Javier Otero. No programa participan tamén varios directores e solistas, poderemos escoitar ao coro da Escolanía da Catedral, ao da Sinfónica de Galicia, ao Universitario e ao Orfeón Terra A Nosa, e contaremos con protagonistas como Luis Tosar, Julián Hernández ou Cristina Pato.