ACCIÓN CULTURAL
O día sorprendeunas durmindo e, ao espertar, descobren a presenza do público e afanaranse en demostrar as súas habilidades. Mais nesa obsesión por agradar á audiencia acabarán por errar unha e outra vez. As irmás aínda non o saben, pero con cada fallo demostrarán unha nova habilidade incomparable dende o seu impresionante bambán en forma de trapecio. Un espectáculo de gran volume e cheo de grandiosos movementos.
En caso de mal tempo, o espectáculo trasladarase ao Teatro Principal.
As acrobacias aéreas das irmás Bambalas pechan a edición 2015 de Verán na Rúa
26/08/2015 A compañía Bambolea, en coprodución con Alas Circo ofrece este xoves o espectáculo Bambala, unha función de acrobacias aéreas para todos os públicos. Será ás 19:30 horas na praza da Quintana e servirá para pechar a edición 2015 do programa Verán na Rúa.
As protagonistas do espectáculo son as irmás Bambalas, cada unha máis presumida ca outra. O espectáculo principia no momento en que as dúas irmás se espreguizan nunha hamaca a catro metros de altura.O día sorprendeunas durmindo e, ao espertar, descobren a presenza do público e afanaranse en demostrar as súas habilidades. Mais nesa obsesión por agradar á audiencia acabarán por errar unha e outra vez. As irmás aínda non o saben, pero con cada fallo demostrarán unha nova habilidade incomparable dende o seu impresionante bambán en forma de trapecio. Un espectáculo de gran volume e cheo de grandiosos movementos.
En caso de mal tempo, o espectáculo trasladarase ao Teatro Principal.