ACCIÓN CULTURAL

O Mago Romarís presenta "As macetas máxicas chinesas" dentro de Verán na Rúa

25/08/2015 O programa de actividades en agosto da Concellaría de Acción Cultural, Verán na rúa, presenta este mércores 26 As macetas máxicas chinesas, do Mago Romarís. Será a partir das 19:30 horas na praza de San Martiño Pinario (se chove o espectáculo trasládase ao Teatro Principal). Ten unha duración de 45 minutos e está dirixido a todos os públicos. Xa o xoves, poderemos ver a Bamb-Alas, á mesma hora pero na praza da Quintana, coas que pechamos o programa deste 2015.

Damas e cabaleiros!, benvidos ao fantástico mundo da maxia. O Mago Romarís amosaranos os números que aprendeu dos grandes mestres da maxia que durante séculos foron celosamente gardados para seren presentados polos magos do século XXI.

Entre eles, veremos a corda indestrutible, que pode ser cortada por Romarís, que pode ser cortada por un espectador, pero que, tras un pase máxico, sempre volve quedar completamente restaurada. Tras superar un rigoroso casting, un rapaz do público converterase en mago e logrará os máis elevados prodixios en só tres minutos. E como fin de espectáculo, o Mago Romarís contaranos a auténtica historia das macetas máxicas chinesas que lle regalou un amigo cando…

Compartir: