PROMOCIÓN ECONÓMICA
Este curso responde á necesidade de ofertar unha formación específica para mulleres, un colectivo especialmente afectado polo desemprego. Segundo os últimos datos de referencia do Instituto Nacional de Estatística, na área de Compostela a taxa de desemprego feminino rolda unha cifra que practicamente dobra o índice de paro entre os homes; en agosto deste ano, na comarca de Santiago había 8.202 persoas en situación de desemprego, das que 2.922 son homes e 5.280 son mulleres. En Santiago cidade, dos 5.148 parados en total, 1.801 son homes e 3.347 son mulleres.
Unha das posibles causas desta diferencia de ocupación entre homes e mulleres é a existencia dunha serie de traballos nos que a muller tivo practicamente vetada a súa incorporación ata hai ben pouco. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego está deseñando liñas de actuación para conseguir que esa desigualdade desapareza.
A muller como prioridade
Moitas das liñas de actuación desta Concellaría teñen á muller como colectivo prioritario ao que van dirixidas. Os proxectos Crear, Persoa e Equal Compostela Social teñen recollido nas súas bases unha atención prioritaria ao colectivo feminino. A práctica totalidade das 90 participantes no proxecto Persoa son mulleres, ao igual que sucede nas dúas fases do proxecto Equal Compostela Social desenvolvidas ata o de agora. No caso do proxecto Crear a súa presenza é tamén superior á dos homes: 61% fronte ao 39%.
Quince mulleres da área de Compostela recibirán formación como condutoras de autobús
29/09/2006 A Concellaría de Promoción Económica e Emprego convocou un curso de condución de autobús só para mulleres. O curso, que se fai en colaboración co Servizo Galego de Igualdade e ten unha duración de 210 horas.
As alumnas recibirán formación en áreas non só referidas á propia condución ou á mecánica, senón tamén sobre cuestións como atención ao cliente e aplicacións telemáticas instaladas nos vehículos de transporte público. O curso complétase tamén con módulos de orientación profesional para a busca de emprego e igualdade de oportunidades. A aceptación do mesmo foi grande, xa que se cubriron as 15 prazas ofertadas.Este curso responde á necesidade de ofertar unha formación específica para mulleres, un colectivo especialmente afectado polo desemprego. Segundo os últimos datos de referencia do Instituto Nacional de Estatística, na área de Compostela a taxa de desemprego feminino rolda unha cifra que practicamente dobra o índice de paro entre os homes; en agosto deste ano, na comarca de Santiago había 8.202 persoas en situación de desemprego, das que 2.922 son homes e 5.280 son mulleres. En Santiago cidade, dos 5.148 parados en total, 1.801 son homes e 3.347 son mulleres.