ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu a embaixadora de Australia, Virginia Jane Greville

30/07/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi á embaixadora de Australia, Virginia Jane Greville, quen asinou no Libro de Honra.

A diplomática clausurou onte o Ciclo de Cine Australiano que o Centro Galego de Arte Contemporánea organizou durante o mes de xullo en colaboración coa propia Embaixada de Australia, a Australia Spain Business Association (ASBA) e o Centro de Linguas Modernas.

Aproveitando esta visita, Virginia Jane Greville quixo manter un encontro con Martiño Noriega e así presentarse tras o seu recente nomeamento como embaixadora. Na xuntanza, alcalde e diplomática analizaron diversos temas de actualidade e posibles fórmulas de colaboración, especialmente en materia turística.

Malia ser un país tan afastado xeograficamente, o fenómeno do Camiño de Santiago non é alleo á Australia, de onde cada vez chegan máis peregrinos a Compostela. Tamén o turismo australiano ten medrado nos últimos anos.

Compartir: