CONSORCIO
Tanto a dirección técnica como a artística da orquestra aposta unha tempada máis por dar a oportunidade aos solistas integrantes da agrupación, e nesta ocasión conta coa óboe Esther Viúdez, alumna durante catro anos no Royal College of Music de Londres, e de profesores como E. Abbuhl, E. Marsden, S. Schilli, D. Jonas e Tomas Indermühler entre outros.
En futuros programas poderase escoitar tamén como solistas a James Dahlgren, concertino, Javier Simó, trompeta principal, Grigori Nedobora, violín principal de segundos, Anca Smeu, coprincipal de violíns primeiros, e Laurent Blaiteau, frauta principal.
A Real Filharmonía de Galicia abre a tempada 2006/07 na Catedral de Santiago
28/09/2006 Por segundo ano consecutivo, a Real Filharmonía de Galicia estrea a tempada de abono do Auditorio de Galicia cun concerto gratuíto na Catedral de Santiago, con Hansjörg Schellenberger como director invitado e Esther Viúdez como solista de óboe, interpretando a Sinfonía núm. 26 "Lamentatione", de F. J. Haydn, o Concerto para óboe en Do maior, KV 314, de W. A. Mozart, e a Sinfonía núm. 4 en do menor, D. 417 "Tráxica", de F. Schubert. A cita é o venres 29, ás 21:00 horas.
A semana pasada tivo lugar a presentación da nova tempada do Auditorio de Galicia coa orquestra Real Filharmonía de Galicia como principal protagonista, ausente durante o acto por atoparse de xira por Sudamérica. Esta semana, recentemente chegada da xira latinoamericana, e despois de participar en Nuova Armonía, o ciclo máis prestixioso de Bos Aires, e de ofrecer un dos seus concertos no teatro Coliseo, que esgotou as súas 1.700 localidades, a orquestra enfróntase a un novo programa baixo a batuta do director e oboísta, Hansjörg Schellenberger, que ven sendo xa un habitual da orquestra tempada tras tempada, e que repetirá visita no próximo mes de xaneiro.Tanto a dirección técnica como a artística da orquestra aposta unha tempada máis por dar a oportunidade aos solistas integrantes da agrupación, e nesta ocasión conta coa óboe Esther Viúdez, alumna durante catro anos no Royal College of Music de Londres, e de profesores como E. Abbuhl, E. Marsden, S. Schilli, D. Jonas e Tomas Indermühler entre outros.
En futuros programas poderase escoitar tamén como solistas a James Dahlgren, concertino, Javier Simó, trompeta principal, Grigori Nedobora, violín principal de segundos, Anca Smeu, coprincipal de violíns primeiros, e Laurent Blaiteau, frauta principal.