POLÍTICAS SOCIAIS
A isto súmase a situación de illamento e exclusión social na que se sitúan estas persoas ao non poder acceder e participar activamente de actividades e recursos de lecer e tempo libre que favorezan a súa axeitada integración e participación social.
Dende o Programa Municipal Socioeducativo valórase que o tempo de lecer é un dereito das persoas que se debe dotar de contido, xa que é un elemento favorecedor do desenvolvemento integral das persoas e, sobre todo, dos menores. A participación nestes espazos de lecer favorece non só as relacións sociais, senón que tamén é un medio de loita contra a exclusión e as situación de vulnerabilidade social.
Por todo isto promóvese o Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais, co que se pretende facilitar o acceso a estes recursos. Así, durante os meses de xullo e agosto, facilitarase o acceso á piscina ao aire libre do Multiúsos Fontes do Sar a todas aquelas unidades familiares que, previa valoración das técnicas dos servizos sociais municipais, se considere necesario incluír nesta acción dentro do seu proxecto de intervención.
Os servizos sociais municipais facilitarán o acceso á piscina de Sar a familias sen recursos durante os meses de xullo e agosto
30/06/2015 A Concellaría de Políticas Sociais vén de por en marcha o Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais, co obxectivo de favorecer o acceso a determinadas instalacións ou programas municipais cando a o seu custo sexa un impedimento para determinadas familias e de mellorar a súa calidade de vida. Neste verán, o proxecto permitirá gozar a unha serie de familias da piscina de Sar durante os meses de xullo e agosto.
Dende o Programa Municipal Socioeducativo dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello vénse detectando que a situación de crise vivida nos últimos anos provoca que o tempo de lecer ocupe un lugar secundario nas prioridades da familias que contan cun proxecto individualizado no devandito Programa. Isto mingua as súas posibilidades de ocio, as súas relacións socias e, en xeral, o seu desenvolvemento sociopersoal.A isto súmase a situación de illamento e exclusión social na que se sitúan estas persoas ao non poder acceder e participar activamente de actividades e recursos de lecer e tempo libre que favorezan a súa axeitada integración e participación social.