EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ademais, o rexedor aproveitou o acto para afirmar o compromiso do Goberno municipal co dereito á educación, como "garantía de maiores niveis de igualdade e de xustiza social". "Sen educación non hai futuro, sen educación non hai melloras sociais, sen educación é imposíbel avanzar", apuntou o alcalde sobre as bases a partir das que "queremos construír un proxecto educativo para Santiago de Compostela".
O Concello homenaxeou os directores e profesores dos centros de ensino composteláns que se xubilan este ano
29/06/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu no salón vermello de Raxoi o acto de homenaxe aos directores e profesores dos centros de ensino público de infantil e primaria de Santiago de Compostela que se xubilan este ano. A todos eles felicitounos por este "merecido" recoñecemento e desexoulles unha "nova andaina xubilosa e venturosa".
Noriega falou dos profesores e profesaras coma "os encargados de ensinar coñecemento, máis tamén de transmitir valores, de ensinar algo máis, de axudarnos a enfrontar a vida". Por iso, deulles as grazas por "ensinarnos e por ser esa base fundamental de construción dunha sociedade mais xusta e mais igualitaria".Ademais, o rexedor aproveitou o acto para afirmar o compromiso do Goberno municipal co dereito á educación, como "garantía de maiores niveis de igualdade e de xustiza social". "Sen educación non hai futuro, sen educación non hai melloras sociais, sen educación é imposíbel avanzar", apuntou o alcalde sobre as bases a partir das que "queremos construír un proxecto educativo para Santiago de Compostela".