IGUALDADE

Compromiso do Goberno municipal coas políticas de igualdade de xénero

29/06/2015 Unha representación da Marcha Mundial das Mulleres foi recibida en Raxoi polo alcalde, Martiño Noriega. No acto tamén participaron as concelleiras de Igualdade, Marta Lois; de Mocidade, Noa Morales; de Políticas Sociais, Concha Fernández; e de Economía, María Rozas.

Marta Lois tomou a palabra para recalcar o "valor simbólico" dos primeiros encontros que está mantendo o novo Goberno municipal con diversos colectivos sociais e culturais. Así, con esta recepción á Marcha Mundial das Mulleres, indicou que se expresaba "o compromiso coa igualdade entre homes e mulleres".

Este encontro coa Marcha, engadiu, "simboliza o noso compromiso coa loita contra a violencia de xénero e contra a pobreza das mulleres, e coa necesidade de levar a cabo políticas de igualdade de xénero". A concelleira mostrouse "emocionada" por acoller esta organización, que "ten grande impacto internacional, formada por un importante número de organizacións feministas e cunha coordinación galega".

Compartir: