ALCALDÍA
Ademais de Agustín Hernández, participaron no acto Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Aníbal Piñeiro, irmán de Ramón Piñeiro; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Francisco Rodríguez, director da Fundación Penzol; e Víctor Fernández Freixanes, director xeral da Editorial Galaxia.
Homenaxe a Ramón Piñeiro co gallo do centenario do seu nacemento
31/05/2015 O alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, asistiu ao acto en lembranza de Ramón Piñeiro, no día do centenario do seu nacemento. A cerimonia incluíu o descubrimento dunha placa no número 15 da rúa Xelmírez, na casa onde onde o intelectual e político galeguista viviu dende os anos 50.
No día en que se cumprían os 100 anos do nacemento de Ramón Piñeiro, o Concello de Santiago e a Consellería de Cultura e Educación rendéronlle homenaxe co descubrimento dunha placa que o lembra como "mestre do galeguismo" na casa onde residiu durante décadas e dende a que desenvolveu o seu proxecto de contactar coa mocidade universitaria dos anos 50 e 60 para descubrirlle a lingua galega e a cultura.Ademais de Agustín Hernández, participaron no acto Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Aníbal Piñeiro, irmán de Ramón Piñeiro; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Francisco Rodríguez, director da Fundación Penzol; e Víctor Fernández Freixanes, director xeral da Editorial Galaxia.