XUNTA DE GOBERNO
Contratación de cinco persoas
Outro dos puntos tratados na sesión da Xunta de Goberno foi o da aceptación dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a contratación de 5 persoas ao abeiro da orde autonómica que regula a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga para o ano 2015.
O obxecto desta axuda é fomentar o emprego, no ámbito de colaboración coas entidades locais, contratando a perceptores desta renda de inserción social cunha antigüidade mínima de seis meses, na procura de que obteñan a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción social.
Das cinco prazas, tres son de persoal de conserxería e dúas de peóns, por un período de sete meses, con xornada laboral do 75%. A subvención é por un importe de 41.742 euros e o Concello deberá achegar 1.050 euros para financiar os custos de indemnización por cesamento de contrato. A contratación do persoal deberá realizarse antes do 18 de xuño de 2015.
Aprobadas as listaxes definitivas de admitidos e de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
29/05/2015 Na súa sesión ordinaria deste venres, a Xunta de Goberno aprobou a listaxe definitiva de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2015-2016.
Segundo recordou o alcalde en funcións e voceiro da Xunta de Goberno, Agustín Hernández, son 119 as prazas vacantes para o novo curso: 38 en Conxo, 33 en Fontiñas e 48 en Meixonfrío-Salgueiriños). O prazo de matrícula nestas tres escolas infantís estará aberto do 2 ao 18 de xuño.Contratación de cinco persoas