XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá o visto bo ao convenio coa Deputación da Coruña para financiar o Plan de Competitividade Turística 2015

29/05/2015 A Xunta de Goberno aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o financiamento do Plan de Competitividade Turística de Santiago de Compostela 2015. Ademais, encoméndase á empresa municipal Información e Comunicación Local, S.A. (INCOLSA) a xustificación da execución do convenio diante da Deputación, tendo en conta que esta empresa municipal xa ten encomendadas as accións incluídas nese Plan.

Tal como explicou o alcalde compostelán en funcións, Agustín Hernández, o organismo provincial achega para este Plan turístico, mediante o convenio a subscribir, un máximo de 115.000 euros, cantidade destinada a financiar distintas accións de información, promoción, comunicación e estudos de demanda turística, por un importe total de 143.750 euros, dos que o Concello achega o 20% restante (28.750 euros).

O convenio ten carácter retroactivo abranguendo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015, con vixencia ata o 31 de marzo de 2016.

Compartir: