XUVENTUDE

Entrega de placas e discos aos gañadores da VII edición do certame MúsicaXove

29/05/2015 O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolleu a entrega de placas e dos discos gravados da VII edición do certame MúsicaXove, organizado pola Concellería de Xuventude e que contou coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Nesta edición participaron máis de 40 grupos musicais de toda Galicia.

Dos catro grupos que pasaron á final saíu o gañador desta edición, The Trunks, de Sada. En segundo lugar quedou Samarúas, da Coruña, mentres que o premio especial do xurado recaeu na cantante do grupo Mother Seed, de Ponteareas. O cuarto finalista de MúsicaXove’14 foi The L´Adelines Garden. de Santiago.

O acto, no que participou a concelleira de Xuventude en funcións, Teresa Cancelo, serviu tamén para clausurar a exposición con fotos do concerto final realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga.

Compartir: