DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Esta terceira edición do Día do Can sen Raza ten o seu manifesto e unha serie de asociacións e empresas colaboradoras, ademais duns coñecidos padriños.
Santiago de Compostela uniuse á celebración do Día do Can sen Raza
28/05/2015 A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible en funcións, Teresa Gutiérrez, xunto con membros do Refuxio de Animais, uniuse á celebración do Día do Can sen Raza, unha iniciativa promovida pola publicación 20 minutos. As actividades desenvolvéronse na praza do Toural entre as 11:30 e as 21:00 horas.
Este Día do Can sen Raza serve tamén para difundir o labor do Refuxio de Animais, "unha aposta desta cidade e de varios concellos limítrofes", tal como apuntou a concelleira. É unha oportunidade, dixo, para darlle un "empurrón" a esta entidade e para que os composteláns coñezan os cans presentes no Toural e todos aqueles que acolle o Refuxio no recinto de Bando. Anunciou tamén unha boa noticia: no primeiro trimestre deste ano 2015 houbo máis saídas que entradas de animais.Esta terceira edición do Día do Can sen Raza ten o seu manifesto e unha serie de asociacións e empresas colaboradoras, ademais duns coñecidos padriños.