DEPORTES
Os nenos a partir de 8 anos terán á súa disposición 7 karts júnior e os maiores de 12 anos ata 14 karts. Para que os máis pequenos da casa, que aínda non poden pilotar, poidan vivir a súa primeira experiencia neste ámbito, haberá dous karts bipraza. E como novidade, incorpórase este ano un kart bipraza para adultos.
Aqueles que prefiran outras alternativas ás carreiras terán á súa disposición unha zona de dinamización, con xincanas deportivas a través das que practicar escalada, baixar por tobogáns inchables ou xogar ao golf, entre outras actividades.
O horario da XiraKarting será de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas. A entrada para os adultos custará 10 euros e dos nenos 7 euros, válidas para mangas de cinco minutos. Non obstante, hai diversas fórmulas, grazas aos patrocinadores, que permiten obter invitacións e descontos.
Canta-baila no Día Internacional da Familia
O Concello de Santiago, a través do Centro de Información á Muller, tamén pon a disposición de toda a cidade durante a tarde do venres un programa de actividades no marco do acto conmemorativo do Día Internacional da Familia. Terá lugar na mesma ubicación do circuíto de karts, en Salgueiriños, dende as 17:00 ata as 21:00 horas. Os máis pequenos poderán gozar de inchables (de 3 a 12 anos), zona babies (de 1 a 3 anos) e xogos tradicionais e populares. Tamén haberá unha actuación musical participativa entre as 19:00 e as 20:00 horas, coa proposta Canta-baila, do grupo La Guagua.
O circuíto XiraKarting instalarase este venres en Salgueiriños, lugar onde tamén se celebrará o Día da Familia
28/05/2015 O Concello de Santiago colabora un ano máis co XiraKarting, que chega á cidade este venres 29 de maio. Ata o domingo 31, os composteláns terán a oportunidade de pilotar un kart no circuíto situado en Salgueiriños. Ademais, nesta novena edición a oferta lúdica complétase coa celebración do Día Internacional da Familia, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM). Na mesma localización do circuíto, durante a tarde do venres, haberá inchables, xogos, actividades e actuación musical con acceso libre para persoas de todas as idades. Ambas citas foron presentadas en rolda de prensa polo concelleiro de Servizos Sociais e Deportes en funcións, Manuel Varela.
XiraKarting achega a experiencia de pilotar un kart a todo tipo de públicos. Este ano, como novidade, incorpórase un kart bipraza para adultos, co que se abre a posibilidade de que todo tipo de persoas gocen desta experiencia, con independencia da súa capacidade funcional. Desta maneira, por primeira vez, poderán participar persoas con algunha discapacidade acompañados por un responsable.Os nenos a partir de 8 anos terán á súa disposición 7 karts júnior e os maiores de 12 anos ata 14 karts. Para que os máis pequenos da casa, que aínda non poden pilotar, poidan vivir a súa primeira experiencia neste ámbito, haberá dous karts bipraza. E como novidade, incorpórase este ano un kart bipraza para adultos.