CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile" na Casa das Asociacións de Cornes
30/04/2015 Este sábado 2 de maio hai unha nova cita co programa Imos ao baile. Será na Casa das Asociacións de Cornes ás 17:00 horas.
As Concellarías de Cultura e de Relacións Veciñais convidan os veciños e veciñas a pasar unha tarde de festa amenizada polo grupo Luzada. A actividade está dirixida a público adulto e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.