FESTAS
Venderon máis dun cuarto de millón de copias dos seus discos, esgotaron entradas nas súas xiras e abriron concertos de grandes bandas como Coldplay ou Stereophonics.
Ás veces, nos seus directos aparece a súa nai, a que fora batería de Raincoats Ingrid Weiss, que se une a eles ao baixo; o orixinal "Bombay Bad Boy" Daddy Grazz á guitarra rítmica e a lenda de Xamaica Eddie "Tan Tan" Thornton á trompeta.
Pasaron os últimos tres anos escribindo cancións e construíndo un novo estudio analóxico en Camdem Town. Unha vez listo e cunha mesa de 16 canles, sabían que querían levar o terceiro álbum a outro nivel na composición, instrumentación, estilos, produción e son.
Un fan deles dende o principio, Mick Jones, de The Clash, quixo involucrarse e, como produtor, empezou os ensaios semanais con KD&L nas súas casas, aprendendo e tocando os temas, como cando o fixo con The Libertines. Na práctica, Jones converteuse no novo membro da banda durante os meses de ensaios e tocou nalgúns temas.
Este novo disco foi presentado en xaneiro e contén influencias que van dende o blues ao disco, pero sempre soando como Kitty, Daisy & Lewis. As historias deste disco resoan con estados de ánimo que te deixan tocado dunha maneira tanto alentadora como enervante. Con tres distintos compositores e multi-intrumentalistas na banda, cada tema é unha xema brillante que reflicte unha experiencia diferente.
Kitty, Daisy & Lewis estarán o 15 de maio en Compostela dentro das Festas da Ascensión
30/04/2015 Kitty, Daisy & Lewis volven cun novo álbum, The third, tres anos despois do seu aclamado Smoking in heaven. O venres 15 de maio estarán na praza da Quintana dentro do programa das Festas da Ascensión. A entrada será libre ata completar aforo.
Os irmáns Kitty, Daisy & Lewis Durham son uns talentosos músicos e compositores cuxas raíces están na tradición de cantar as cancións todos xuntos en reunións familiares, tocando calquera instrumento que se lles presente. Os seus temas son unha mestura de pop, blues, psychedelic rock, soul, country, Jazz e ska.Venderon máis dun cuarto de millón de copias dos seus discos, esgotaron entradas nas súas xiras e abriron concertos de grandes bandas como Coldplay ou Stereophonics.