NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O espectáculo iniciouse cun breve achegamento ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, dándose paso ás figuras que aparecen na súa literatura. Elas tomaron o protagonismo e, a través das súas experiencias, do seu contorno e das súas personalidades, mostrouse o mundo de Filgueira Valverde. Os nenos, os vellos, as historias que eles contan, os lugares onde viven, o traballos que fan; todo isto dá forma ao mundo no que se desenvolveu a literatura e a figura do erudito e polígrafo.
O Teatro Principal acolleu o espectáculo "Escoitando a Filgueira Valverde"
30/04/2015 Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, a Concellería de Normalización Lingüística organizou no Teatro Principal a representación do espectáculo Escoitando a Filgueira Valverde, nunha sesión especialmente dedicada ao alumnado de secundaria dos centros composteláns e na que participaron 275 estudantes.
Nesta representación, creada e interpretada por Serafín Marcos, profesor no Conservatorio de Noia cunha dilatada experiencia neste tipo de iniciativas performativas nas que achega os autores ao público infantil e xuvenil, os asistentes puideron coñecer o universo de Xosé Filgueira Valverde da man dos personaxes que nos describe na súa obra.O espectáculo iniciouse cun breve achegamento ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, dándose paso ás figuras que aparecen na súa literatura. Elas tomaron o protagonismo e, a través das súas experiencias, do seu contorno e das súas personalidades, mostrouse o mundo de Filgueira Valverde. Os nenos, os vellos, as historias que eles contan, os lugares onde viven, o traballos que fan; todo isto dá forma ao mundo no que se desenvolveu a literatura e a figura do erudito e polígrafo.