ALCALDÍA
Instituído o 1 de abril como Día das Artes Galegas en homenaxe ao Mestre Mateo
31/03/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no acto de presentación do Día das Artes Galegas. Esta data de homenaxe quedará fixada dende este ano 2015 para o 1 de abril, en honor ao Mestre Mateo.
A Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril de cada ano para celebrar o Día das Artes Galegas, en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo.