CULTURA
Projecto Alba naceu en 2007 cando tres amigos que se coñeceran cando eran estudantes universitarios se decataron dos seus gustos estéticos musicais comúns e decidiron facer música xuntos. O que comezou sendo un trío formado por Luís Coelho (guitarra portuguesa), Bruno Almeida (voz) e Alfredo Almeida (guitarra acústica), evolucionou para integrar outros músicos e instrumentos. Xa colaboraron con Projecto Alba: Filipe de Moura (voz), Luís Pinto (guitarra baixo), Manuel Jorge (acordeón), Paulo Lira Abreu (mandolina) e João Lira Abreu (guitarra acústica).
O seu repertorio está formado por pezas instrumentais e cancións, orixinais e adaptadas, que abranguen a canción de Coimbra (onde se inclúe o fado), a canción napolitana e italiana, a canción española e latinoamericana, etc. Cada actuación de Projecto Alba está pensada para ser un momento musical orixinal e único; como tal, no seu primeiro desprazamento a Galicia, preséntase o trío base da agrupación nunha viaxe musical que vai dende a canción de Coimbra á canción galega. Projecto Alba presentouse no Museu dá Música, Teatro Eduardo Brazão e Museu de Ciência de Lisboa e actuou no espectáculo Guitarra Nova Geração (Teatro São Luíz, 2010), no Angel Festival (2010 e 2011) e foron convidados especiais na primeira edición de TEDx Cascais (2012).
Música litúrxica e música dolorosa
Actualmente consérvanse 200 cantatas das ao redor de 300 compostas por Johann Sebastian Bach. As primeiras datan de 1707, pero a maioría foron escritas durante os 27 anos que Bach ocupou o posto de cantor de Santo Tomás en Leipzig, cidade á que chegou en 1723. Entre as súas obrigas figuraba a organización dos programas de música relixiosa para as igrexas da cidade e a presentación dunha nova cantata cada festividade e cada domingo. En só sete das súas cantatas relixiosas prescinde Bach do coro a catro voces tan característico e recorre a un solista vocal; algúns musicólogos agrupan este conxunto de cantatas para solista vocal sen intervención do coro nun grupo denominado "cantatas de cámara".
A cantata Vergnügte Ruh, beliebte Seelenlust. BWV 170 estreouse en 1726 e estaba destinada ao sexto domingo despois de Trindade, sendo unha das oito con órgano obligato escrita por Bach. Evoca a pasaxe evanxélica do Sermón da Montaña. A letra é de Georg Christian Lehms e expresa o desexo de morte e refire o tema da xustiza, da oposición dos cristiáns á hipocrisía dos fariseos. Comeza cunha aria da capo, de ritmo pastoral, e a segunda é interpretada sen continuo, nun simbolismo da nudez daqueles que ignoran o camiño de Xesús; a última das arias, de carácter triunfal, fai referencia ao ceo desexado.
A cantata Geist und Seele wird verwirret, BWV 35 corresponde ao duodécimo domingo despois da Trindade e o texto volve ser de Georg Christian Lehms; estreada o 8 de setembro de 1726, foi a duodécima do seu terceiro ciclo anual de cantatas corais. Parece que durante o verán de 1726 Bach dispoñía dunha contralto virtuosa, xa que para esta voz compuxo tres cantatas, as catalogadas cos núm. 35, 169 e 170. Escrita en sete movementos, a cantata Geist und Seele wird verwirret contén dúas sinfonías: a sinfonía inicial en Allegro suxire a súa orixe nun concerto preexistente e é reutilizada como movemento inicial do Concerto para frauta de pico e orquestra.
A primeira aria caracterízase por un ritornello quebrado e unha sensación de confusión e incerteza cuxa melodía é de tipo siciliano, en forma da capo e vai acompañada por órgano obbligato. Ségueo un recitativo secco e a continuación outra aria introduce o modo maior cun ritornello estruturado en dúas partes e outra liña de órgano obrigado. Outro recitativo sen acompañamento conduce á aria final, parecida a un minueto e de carácter positivo.
Nos anos noventa, Peteris Vask converteuse no compositor letón máis recoñecido a nivel mundial. O seu ecléctico estilo debe moito aos experimentos en música aleatoria dos seus mentores –Witold Lutoslawski, Krzysztof Penderecki e George Crumb– e a elementos da música popular de Letonia, sen esquecer os sons de Gorecki, Gubaidulina etc. As súas obras, xeralmente claras e comunicativas e cun sólido sentido da harmonía, busca transmitir horror, esperanza e consolo. A súa música rica en emocións oculta unha carga fortemente moral e ética. Próxima ao chamado minimalismo místico pódese situar a Música dolorosa, composta en 1983 con motivo do falecemento da irmá do compositor, na que alternan seccións de serenidade e resignación (glissandi cara a abaixo) con outras de rabia (solo de violoncello) aínda que Peteris Vask non se deixa invadir polo desespero.
Marta Infante, mezzosoprano
Realizou estudos de canto, piano e viola no conservatorio da súa cidade trasladándose máis tarde á República Checa para realizar estudos superiores de canto na Universidade de Ostrava. Cantou coas principais orquestras españolas, como RTVE, ORCAM, Nacional de España, OBC, Sinfónica de Galicia e Bilbao, Filharmónica de Málaga etc, traballando con directores como Jordi Casas, Leon Botstein, Aldo Cecatto, J. Ramón Encinar, M. Ángel Gómez Martínez, Edmon Colomer, Carlos Kalmar, Robert Howrarth, Kees Bakels, Victor Pablo Pérez etc. No ámbito da música antiga cantou en numerosos festivais europeos: Bienal de Venecia, The Bijloke (Bélxica) Festival Baroque de Sablé (Francia), Janackuv Maj (Chequia), Oslo International Church Music Festival (Noruega), Concentus Moravie (Chequia), Festival International de Musiques Sacrées de Fribourg (Suíza), nos institutos Cervantes de Exipto, Siria, Xordania, Líbano, no festival de música antiga da Habana (Cuba), El Salvador, Xapón, e tamén cantou nas principais cidades de Sudamérica, Chile, Uruguai, Arxentina e Brasil colaborando con La Caravaggia, Concierto Español, Orquesta Barroca de Sevilla, La Galanía, La Capilla Real de Madrid, Orquesta Barroca Catalá, Música Ficta, Los músicos de Su Alteza, Capella de Ministrers, Hippocampus, Acadèmia 1750, Collegium 1704 (Chequia), Anthonello (Xapón), Dresdne Barockorchestra (Alemaña), The Barroca Ensemble (Israel), Ars Longa (Cuba) e foi dirixida por Vaclav Luks, Enrico Onoffri, Giovanni Antonini, Federico Maria Sardelli, Paul Goodwin, Ottavio Dantone, Richard Egarr e Rinaldo Alesandrini.
Forma dúo estable co arpista barroco Manuel Vilas e con el actuou en numerosos festivais como o Via Stellae, Clásicos de Verán (Madrid), Música en los Jardines del Alcázar de Sevilla, Fundación Juan March de Madrid, Letni Slavnosti Stare Hudby (Praga), Festival de Música Antiga de Aranjuez etc, e gravou numerosos discos como Tons á arpa e Cantate Contarini (galardoado co premio Prelude Classical Music en Holanda como un dos mellores dez discos de música antiga de 2010). Entre a súa extensa discografía destacan Alto cantatas de Telemann, Jephte de Carissimi, Oratorio Romano de Rossi, Pegaso de Merula, as óperas Amor aumenta o valor e Iphigenia en Tracia de Nebra, e Juditha Triumphans de Vivaldi, baixo a dirección de Ottavio Dantone.
Projecto Alba e a Real Filharmonía de Galicia na xornada do mércores do Festival de Músicas Contemplativas
31/03/2015 Dentro do Festival de Músicas Contemplativas, na xornada do mércores poderemos escoitar ao Projecto Alba e á Real Filharmonía de Galicia. Os primeiros presentan o programa Para lá do Fado… de Coimbra a Fisterra, ás 19:00 horas, na Igrexa da Universidade, na súa primeira incursión en terras galegas. E ás 21:00 horas, no Convento do Carme de Arriba, a Real Filharmonía de Galicia ofrece as cantatas para alto de Bach dirixida por Maximino Zumalave e coa mezzosoprano Marta Infante. Ambos concertos serán con entrada de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 17:00 a 21:00 horas.
Para a súa primeira actuación en Galicia, o Projecto Alba preséntase co trío base (guitarra portuguesa, guitarra acústica e voz) nunha viaxe musical que vai dende a canción de Coimbra á canción galega dos séculos XIX e XX e pasando por temas orixinais compostos, despois do ano 2000, por Luís Coelho. A idea de Coimbra a Fisterra xurdiu a propósito desta primeira incursión en terras galegas e procura retratar a nosa propia viaxe musical que, de certa maneira, tamén é un camiño xeográfico.Projecto Alba naceu en 2007 cando tres amigos que se coñeceran cando eran estudantes universitarios se decataron dos seus gustos estéticos musicais comúns e decidiron facer música xuntos. O que comezou sendo un trío formado por Luís Coelho (guitarra portuguesa), Bruno Almeida (voz) e Alfredo Almeida (guitarra acústica), evolucionou para integrar outros músicos e instrumentos. Xa colaboraron con Projecto Alba: Filipe de Moura (voz), Luís Pinto (guitarra baixo), Manuel Jorge (acordeón), Paulo Lira Abreu (mandolina) e João Lira Abreu (guitarra acústica).