XUNTA DE GOBERNO
"A celebración do Womex 2016 busca consolidar e difundir, a través das distintas actividades que o compoñen e da súa repercusión mundial, a Santiago como centro internacional das músicas do mundo, promovendo a cidade e o seu potencial a nivel cultural e turístico, así como os valores da cidade e a súa oferta entre os visitantes, moitos deles creadores de opinión de diferentes lugares do planeta", indicou o alcalde.
A intención do Goberno municipal, dixo, é "repetir e, se é posible mellorar, o grande impacto económico do Womex de 2014, cifrado en preto de 3 millóns de euros, e o récord de participación, ao congregar na cidade a 2.400 delegados (un 6,6% máis que na edición anterior, e 1.470 empresas procedentes dun centenar de países, o que supuxo un incremento do 16.6% respecto da anterior feira de 2013 en Cardiff".
Hernández tamén apuntou outros datos a edición de 2014 que dan conta da magnitude do evento, como a presenza de 200 xornalistas acreditados, 280 stands con 668 compañías, 60 concertos con 320 artistas en 7 escenarios da cidade.
O alcalde anuncia que Santiago volverá a ser sede de Womex en 2016
31/03/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno da encomenda á empresa municipal Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa) da contratación doutra edición do evento Womex, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2016.
Hernández explicou que, para concretar esta celebración, é preciso xestionar a contratación da cesión temporal, durante os anos 2015 e 2016, da marca Womex 2016 The World Music Expo e o conseguinte contrato de patrocinio. Con este fin destinarase ata un máximo de 500.000 euros, repartidos nas anualidades de 2015 (110.000 euros) e 2016 (390.000 euros)."A celebración do Womex 2016 busca consolidar e difundir, a través das distintas actividades que o compoñen e da súa repercusión mundial, a Santiago como centro internacional das músicas do mundo, promovendo a cidade e o seu potencial a nivel cultural e turístico, así como os valores da cidade e a súa oferta entre os visitantes, moitos deles creadores de opinión de diferentes lugares do planeta", indicou o alcalde.