CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais inclúe como parte da súa actividade regular, de outubro a xuño, os clubs de teatro, como espazos para o achegamento ás artes escénicas e ao traballo actoral como ferramentas para o desenvolvemento persoal e grupal.
Actualmente funcionan 11 clubs, distribuídos nos centros socioculturais de Vite, A Rocha, Castiñeiriño, As Fontiñas, Conxo, Marrozos, Santa Marta e O Ensanche, nalgúns casos para públicos tanto infantil como adulto.
O Club de Teatro do Centro Sociocultural de Vite actúa este domingo na Rocha
28/02/2015 Este domingo 1 de marzo, ás 18:00 horas, o Local Sociocultural da Rocha acollerá a representación da obra "Nin fé…nin café!", representada polos membros do Club de Teatro do Centro Sociocultural de Vite, baixo a dirección de Xurxo Barcala.
Intervirán nove actores e actrices, alumnos/as regulares das actividades formativas deste club teatral. A obra, comedia de enredo para todos os públicos, xa se ten representado noutros centros socioculturais e, nesta ocasión, chega ata o Local Sociocultural da Rocha.A Rede de Centros Socioculturais inclúe como parte da súa actividade regular, de outubro a xuño, os clubs de teatro, como espazos para o achegamento ás artes escénicas e ao traballo actoral como ferramentas para o desenvolvemento persoal e grupal.
Actualmente funcionan 11 clubs, distribuídos nos centros socioculturais de Vite, A Rocha, Castiñeiriño, As Fontiñas, Conxo, Marrozos, Santa Marta e O Ensanche, nalgúns casos para públicos tanto infantil como adulto.