DEPORTES
Outro recinto municipal, o Campo de Santa Isabel foi escenario, tamén este sábado, das escolas galegas de rugby. Asistiron máis de 200 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.
Dividiuse o terreo de xogo en catro campos, nos que se foron sucedendo os partidos segundo o regulamento do rugby gradual. Á conclusión da concentración celebrouse o partido da liga na categoría Sub-14 entre o PRC (Pontevedra) e o CRAT (a Coruña).
Na concentración participaron uns 12 nenos de Santiago e, no partido Sub-14, outros dous rapaces da Escola de Rugby de Santiago.
Ademais, o evento contou como invitado co xogador internacional Cesar Sempere, que realizou o saque de honra do partido Sub-14.
Sábado de loita olímpica e rugby no calendario deportivo da fin de semana
28/02/2015 Santiago ten esta fin de semana un intenso programa deportivo. Ao habitual calendario competitivo sumouse este sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas na categoría júnior e unha concentración das escolas galegas de rugby. A concelleira de Deportes, María Corral, achegouse a ambas citas.
O Pavillón do Restollal acolleu o Campionato Galego de Loitas Olímpicas na categoría júnior, así como a fase final da liga deste deporte na categoría escolar. Uns 120 rapaces e rapazas entre 13 e 20 anos de toda Galicia participaron neste evento, clasificatorio para os campionatos españois de loitas.Outro recinto municipal, o Campo de Santa Isabel foi escenario, tamén este sábado, das escolas galegas de rugby. Asistiron máis de 200 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.