XUNTA DE GOBERNO
Este obradoiro prevé a participación de 45 alumnos-traballadores, con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos, que combinarán a súa formación coas retribucións dos labores que desenvolvan, relacionados coa xardinería, a albanelería e a colocación de pedra natural.
O proxecto cifra un investimento total de 449.014 euros, dos que o Concello achegaría 50.000 euros (11,14%) para gastos de material e aluguer de equipos, e o resto correría a cargo da Xunta de Galicia, fundamentalmente para facerse cargo das retribucións e gastos de contratación do persoal directivo e dos alumnos-traballadores participantes.
Con este obradoiro, apuntou o rexedor municipal, "o Concello continúa na súa liña de promover accións formativas e de promoción do emprego a través de obradoiros, como o que se rematou recentemente na parroquia de Villestro-Roxos, para un Centro de Interpretación, no que participaron 23 persoas, ou o que está previsto desenvolver na Susana-Marrozos, para un centro de ciclismo vinculado ao turismo, que prevé a participación doutras 45 persoas.
Desafectación da escola unitaria da Susana
Precisamente en relación a este último obradoiro, acordouse solicitarlle á Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a autorización para a tramitación do procedemento de desafectación da antiga escola unitaria da Susana ao servizo educativo ao que estaba afecta ata o ano 2009.
Esta medida garda relación co citado proxecto Ecotur Santiago II, que o Concello acordou presentar recentemente á Consellería de Traballo e Benestar para o financiamento dun obradoiro destinado a rehabilitar este inmoble para crear un centro BTT e de atención a visitantes do Val de Santa Lucía-Marrozos.
A actuación inclúe a adaptación do edificio coa renovación das instalacións, traballos de illamento e de accesibilidade. Prevese un investimento total de 449.014 euros, dos que o Concello achegaría 50.000, para a formación de 45 alumnos-traballadores durante seis meses.
O obradoiro "Ecotur Xuvenil" dará emprego a 45 mozos e mozas durante seis meses e permitirá acondicionar os sendeiros de Galeras e Ponte Albar e das Brañas do Sar
27/02/2015 A Xunta de Goberno aprobou o novo proxecto de obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil, que contempla o acondicionamento dos sendeiros de Galeras a Ponte Albar (Rota dos Ríos) e das Brañas de Sar. Estas actuacións incluirán traballos de roza, saneamento, drenaxe, conducións de regueiros en pedra, lousado e restauración de elementos patrimoniais e da arquitectura popular.
O alcalde, Agustín Hernández, anunciou que este proxecto será presentado para acollerse ás subvencións da Consellería de Traballo e Benestar de fomento da aprendizaxe e o emprego a través de obradoiros cunha duración de seis meses (entre 1 de outubro de 2015 e 31 de marzo de 2016).Este obradoiro prevé a participación de 45 alumnos-traballadores, con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos, que combinarán a súa formación coas retribucións dos labores que desenvolvan, relacionados coa xardinería, a albanelería e a colocación de pedra natural.