XUNTA DE GOBERNO
Tamén se instalará un ascensor, coa mellora de accesibilidade para todo o centro que iso supón, e construiranse dous novos aseos, un deles nunha das aulas xa existentes que carecía del.
Entre as condicións que se sinalan na licenza concedida indícase que se deben manter as árbores que matizan a arquitectura do centro e que, no caso de que algunha se vexa afectada, deberase repoñer cun novo exemplar autóctono e de porte semellante.
Coa autorización desta licenza de obras dáse un paso máis na solución dunha vella reivindicación dos pais e da comunidade educativa do centro e no cumprimento do compromiso realizado pola Consellería de Educación no pasado mes de setembro, cando o conselleiro visitou o colexio.
A actuación vén a sumarse ás realizadas pola propia Xunta con anterioridade neste colexio, nas que investiu 176.000 euros para renovar a cuberta, acondicionar a antiga vivenda do conserxe como comedor, coa correspondente calefacción e mellora do aseo infantil.
Pola súa parte, o Concello tamén ten actuado con obras puntuais neste colexio dentro das obras de mellora e mantemento realizadas durante o verán nas que se investiron 300.000 euros con destino a 13 colexios de educación infantil e primaria, 3 escolas rurais, 6 escolas infantís, a Escola Municipal de Música e o Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela.
Ademais, cómpre indicar en relación coa mellora das instalacións educativas, que como complemento das obras levadas a cabo no verán, o Concello mantén activado desde o pasado mes de setembro un plan de mantemento ordinario dos centros educativos municipais, ao que se destinan 400.000 euros, para seguir traballando na conservación do conxunto dos centros ao longo do ano actual.
Adxudicadas as hortas municipais de Belvís de Abaixo
A Xunta de Goberno, na súa última sesión de xaneiro, deu o visto bo á adxudicación e autorización de uso das 26 hortas municipais de Belvís de Abaixo. Estas hortas foran adxudicadas en decembro de 2012 e, pasados case dous anos, no pasado mes de outubro, acordouse revogar as autorizacións de uso deses terreos a abrir un prazo para as solicitudes de nova concesión de uso.
O prazo para optar a elas concluíu o 21 de novembro e o sorteo celebrouse o 12 de decembro no Centro de Interpretación Ambiental do Concello (CIAC) no parque de Belvís.
Trátase de 26 parcelas duns 60 metros cadrados cada unha, preparadas para o seu uso mediante prácticas agrícolas ecolóxicas, ou cando menos tradicionais. O Concello cede o uso destas terras á veciñanza conforme a unha ordenanza municipal específica.
Cada parcela está identificada cun número e co nome da persoa que a cultiva, podendo dispoñer dun espazo de usos comúns con aseos e vestiarios, con ferramentas para os labores, regadeiras, auga, mesas, bancos e un taboleiro de anuncios.
Logo de avaliar as solicitudes presentadas e de realizado o sorteo para a adxudicación e autorización do seu uso, elaborouse a relación das 26 persoas que poderán utilizar as parcelas, así como a lista das 37 persoas de agarda no caso de que se produza algunha renuncia.
Pista de xeo
Tamén se acordou concederlle unha prórroga ata o 15 de febreiro á instalación da pista de patinaxe sobre xeo da empresa Invernalia Ice Park, S.L., na Alameda, conforme á posibilidade xa contemplada na cláusulas do propio contrato.
Haberá dúas xornadas de portas abertas, o 4 e o 9 de febreiro, en horario de 16.30 h a 21.30 h.
O Concello aproba a licenza para a ampliación do Colexio Monte dos Postes
31/01/2015 A Xunta de Goberno aprobou a licenza que permitirá construír unha edificación anexa ao CEIP Monte dos Postes para a súa ampliación, cunha superficie de 538 metros cadrados e un orzamento de 390.000 euros. Dáse así resposta a unha vella reivindicación da comunidade escolar. Na mesma sesión procedeuse á adxudicación das hortas de Belvís.
A solicitude presentada vai dirixida á construción dunha nova edificación anexa á actual, de dúas plantas, composta por unha planta baixa de 152 metros cadrados de superficie útil, unha primeira de 151 e unha segunda de 9 metros cadrados de superficie útil, que se destina a distribuidor e acceso ao espazo baixocuberta. En total, unha superficie construída de 538 metros cadrados e útil de 312 e un orzamento para a obra de 390.674 euros.Tamén se instalará un ascensor, coa mellora de accesibilidade para todo o centro que iso supón, e construiranse dous novos aseos, un deles nunha das aulas xa existentes que carecía del.