PLENO
Pola súa parte, a USC procederá a liberar dos actuais usos docentes o edificio da Escola de Estomatoloxía, hoxe incorporada á Facultade de Medicina e Odontoloxía, ao remate do curso 2016-2017, entregándollo ao Concello.
Unha comisión paritaria encargarase do seguimento deste protocolo de carácter administrativo. O documento, aprobado cos votos favorables dos grupos popular e socialista e co voto en contra do grupo nacionalista, será asinado en data por determinar polo alcalde, Agustín Hernández, e polo reitor da USC, Juan Viaño.
Promoción turística conxunta de Área Santiago
Na mesma sesión tamén se ratificou o catálogo de condicións no que se recollen as directrices para a realización da promoción conxunta dos concellos de Área Santiago. Este catálogo recóllese nun convenio asinado o 8 de setembro polos rexedores dos 16 municipios integrantes do Grupo.
Toma de posesión
Outro dos puntos da orde do día foi a toma de posesión de Álvaro González Álvarez como novo concelleiro do grupo municipal socialista, en substitución de Mercedes Rosón.
O Pleno municipal aproba o protocolo entre o Concello e a USC que fixa as condicións de modificación da ordenanza reguladora do vello hospital provincial
30/01/2015 Na sesión ordinaria de xaneiro, o Pleno da Corporación aprobou o protocolo entre o Concello e a Universidade de Santiago que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5, a redactar polo Concello en base ás propostas acordadas coa USC para xestionar o alleamento da parcela de titularidade universitaria do vello hospital provincial.
Mediante esta declaración de intencións, o Concello asume a redacción e tramitación dunha modificación da ordenanza OE-5, co obxecto de flexibilizar a conservación integral do vello hospital, mantendo a esencialidade do edificio construído, tanto no que se refire ás fachadas pétreas como á súa tipoloxía hospitalaria característica e á envolvente volumétrica que marca a altura das cornixas. Ademais dos usos considerados na ordenanza –residencial comunitario, asistencial sanitario e outros contidos no artigo 136 do PXOm- a modificación introducirá os terciarios como usos permitidos.Pola súa parte, a USC procederá a liberar dos actuais usos docentes o edificio da Escola de Estomatoloxía, hoxe incorporada á Facultade de Medicina e Odontoloxía, ao remate do curso 2016-2017, entregándollo ao Concello.