CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Imos ao baile arrancará o primeiro sábado de febreiro na Casa das Asociacións de Cornes e finalizará o 19 de decembro no Centro Sociocultural de Vite. Agás nos mes de abril, xullo e agosto programáronse bailes todos os meses de 2015. A entrada é libre e de balde e, salvo excepcións, os bailes darán comezo as 17:30 horas.
Esta programación de bailes con orquestra responde á demanda dos propios maiores aos beneficios saudables que reporta, tanto físicos como psíquicos. Por unha banda, afecta de maneira moi positiva á coordinación, aos músculos -fortalecéndoos e mellorando a súa flexibilidade, forza e resistencia-, á saúde postural e ao sistema cardiovascular, facilitando a circulación do sangue e o ton da pel. Por outra, no eido psíquico, o baile favorece a socialización, a relaxación, a autoestima e a confianza, pois está comprobado que bailar fomenta a confianza nun mesmo e a claridade de pensamento.
Participan da proposta 12 grupos musicais diversos, ben recoñecidos polo seu traballo neste ámbito e que gozan dunha boa acollida entre os usuarios deste programa habitual xa na rede de centros socioculturais.
Imos ao baile pretende ser un convite a participar e gozar na compaña doutros veciños e veciñas de Compostela en espazos relacionais como son os centros socioculturais da zona urbana e das parroquias e a Casa da asociacións de Cornes.
"Imos ao baile" propón 27 sesións con orquestra en 14 localizacións para este 2015
30/01/2015 A concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, e o concelleiro de Relacións Veciñais, José Rosende, presentaron unha nova edición do programa Imos ó baile. O calendario deste ano 2015 inclúe 27 bailes en 14 localizacións diferentes. Estímase a participación dunhas 3.000 persoas.
A Concello segue a desenvolver iniciativas en prol do envellecemento activo. Unha delas é este programa de bailes, que nesta ocasión trae 27 sesións, a celebrar en 14 espazos escollidos por razóns de localización, demanda sociocultural e oportunidade entre os diversos centros e locais da rede sociocultural, aos que se suma tamén a Casa das Asociacións de Cornes. Como novidade, este ano incorpórase como localización o LSC de Lamascal.Imos ao baile arrancará o primeiro sábado de febreiro na Casa das Asociacións de Cornes e finalizará o 19 de decembro no Centro Sociocultural de Vite. Agás nos mes de abril, xullo e agosto programáronse bailes todos os meses de 2015. A entrada é libre e de balde e, salvo excepcións, os bailes darán comezo as 17:30 horas.