COMERCIO
Trátase de premiar a capacidade creativa, artística e de deseño dos veciños e das veciñas á hora de decorar as súas casas, centros de reunión e lugares de traballo axudando a potenciar o espírito do Nadal.
O rexedor felicitou a todos os galardoados, que foron os seguintes:
Na primeira modalidade (beléns individuais), obtivo o primeiro premio Rogelio Pérez Sandá, mentres que o segundo foi para Mar Amado e o terceiro para Paulina Baliña.
Na categoría de beléns colectivos, o premio recaeu na parroquia de San Cristovo do Eixo. En segundo lugar quedou a Asociación Veciñal Brañas de San Andrés, e no terceiro posto o Centro Sociocultural José Saramago de Vite.
Na categoría comercios venceu La Reina de Saba. O segundo premio foi para Floristería Embora e o terceiro Supermercado Dubrés e Celme, que empataron.
O alcalde entregou os premios aos gañadores do Concurso de Beléns
29/12/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entregou esta mañá os premios aos gañadores do Concurso de Beléns e de Ambientación de Nadal, que este ano celebrou a súa cuarta edición, nas categorías de beléns individuais, colectivos e de comercios.
O rexedor agradeceu a resposta de todos os composteláns, tanto á hora de realizar as súas obras como á hora de valorar as propostas presentadas a este Concurso, onde a asignación de premios se realizou a través de internet, por votación popular.Trátase de premiar a capacidade creativa, artística e de deseño dos veciños e das veciñas á hora de decorar as súas casas, centros de reunión e lugares de traballo axudando a potenciar o espírito do Nadal.