ALCALDÍA

O Concello de Santiago asina un convenio de colaboración con Bricomart

30/11/2014 O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, mantivo un encontro cos directivos da empresa Bricomart, que abrirá as súas portas en Costa Vella en 2015.

A Axencia Local de Colocación fixo entrega a Bricomart de 1.098 currículos e colaborará coa empresa nos procesos de selección e realización de actividades que se desenvolverán no Cersia. Esta entidade é un servizo do Concello de Santiago que procura facilitar os procesos de inserción laboral mediante actividades de prospección, xestión de ofertas, orientación e formación.

Bricomart abrirá en Costa Vella unha tenda dedicada á venda de materiais de bricolaxe e construción nunha parcela de 24.000 metros cadrados, que suporá a xeración de arredor de 100 empregos na cidade.

Bricolaje Bricoman (Bricomart) é unha multinacional francesa especializada na venda ao por menor de artigos de bricolaxe e construción así como artigos do equipamento técnico para vivendas e locais.

Compartir: