ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Xunta Directiva da Confederación Española de Cascos Históricos
29/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no Concello a Xunta Directiva da Confederación Española de Cascos Históricos, que celebra esta fin de semana en Santiago o seu congreso.
Dende este mes de novembro, Compostela Monumental preside esta Confederación, que aglutina as asociacións comerciais e empresariais situadas nos principais cascos históricos de España. Ten como principais fins a defensa do comercio e de calquera actividade mercantil que se desenvolva nos centros históricos, mediante a potenciación das asociacións de comerciantes ubicadas nestes lugares e a protección e defensa dos intereses específicos do sector comercial.