XUNTA DE GOBERNO
Estarán dispoñibles 500 pares de patíns, 50 pares infantís para nenos de ata 6 anos con dobre coitela e guantes. Para facilitar a utilización por todo tipo de públicos, tamén haberá dez unidades de andadores infantís e dúas unidades para adulto, así como un trineo para discapacitados.
Horarios e prezos
A pista de xeo estará aberta nos seguintes horarios:
- Durante o período lectivo: luns a xoves, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 17:00 a 21:00 horas; venres, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 16:30 a 22:00 horas; sábados e domingos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.
- Durante o período de vacacións de Nadal: luns a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.
A entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custará 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custará 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Haberá un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros. Son os mesmos prezos que no Nadal 2013.
Ademais, estableceranse modalidades de desconto, coa posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilitará rebaixas en función do número de veces que se pase pola pista; un prezo familiar para un mínimo de 3 entradas e un bono especial para evitar colas, sen límite de tempo, por 30 euros, válido para 4 entradas.
Reservas para visitas de centros escolares e grupos: teléfonos 881 897 790 e 699 811 705 e reservas@invernalia.com.
A pista de xeo abrirá un Nadal máis no paseo central do parque da Alameda
28/11/2014 A Xunta de Goberno autorizou a ocupación da vía pública no paseo central da Alameda para a instalación da pista de patinaxe sobre xeo. O recinto estará aberto dende un día aínda por determinar durante a ponte da Constitución ata o 1 de febreiro, se ben se podería ampliar o tempo se a demanda así o aconsellara.
Segundo explicou o alcalde e voceiro da Xunta de Goberno, Agustín Hernández, a instalación ocupará unha superficie total de 800 metros cadrados, nas que estará incluída a pista de xeo artificial de 40 x 12,5 metros (500 metros cadrados) baixo una carpa protectora transparente con estrutura de aluminio. Tamén haberá diversas zonas para maquinaria, acceso, venda de entradas ou enfermería, entre outras.Estarán dispoñibles 500 pares de patíns, 50 pares infantís para nenos de ata 6 anos con dobre coitela e guantes. Para facilitar a utilización por todo tipo de públicos, tamén haberá dez unidades de andadores infantís e dúas unidades para adulto, así como un trineo para discapacitados.