PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicialmente, o servizo funcionará os sábados, en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 20:00 horas), e estará localizado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural), de maneira que resulte igualmente cómodo para os clientes que realizan as súas compras tanto no Ensanche coma no Casco Histórico. Durante a época de Nadal, o servizo amplíase a todos os días da semana, dende o 22 de decembro ata finais de ano, agás os días 24, 25 e 31, co fin de facilitar a compra nestes días de maior actividade comercial.
Bonos
Para acceder a este servizo, os clientes dos comercios recibirán un bono por cada compra superior a cinco euros, e cinco bonos por cada compra superior a vintecinco euros. "Polo prezo dunha prenda de roupa ou dun bo libro, os clientes poderán gozar dunha tranquila mañá (ou tarde) de compras, mentres os rapaces xogan e se divirten con outros cativos e ao coidado de persoas especializadas", apuntou Xosé Manuel Iglesias.
Entregando cinco bonos na entrada do espazo de coidado e amosando os comprobantes de compra correspondentes, os pais poderán deixar aos nenos ao coidado das persoas encargadas do servizo mentres realizan as súas compras comodamente. Os comercios asociados a Compostela Monumental e Santiago Centro, entidades colaboradoras nesta iniciativa, están xa dende hai días facendo entrega dos correspondentes bonos aos seus clientes. O servizo está pensado para atender a nenos de entre tres e dez anos, e dispón dun aforo máximo de 30 usuarios.
Segundo o concelleiro, está é "unha iniciativa interesante, que vai en beneficio das nenas e nenos, que disporán dun espazo lúdico en contacto con outros rapaces e acorde coas súas necesidades, pero sobre todo dos clientes dos comercios composteláns, que poderán así realizar as súas compras con máis tranquilidade e gozar dun ocio de maior calidade". Ademais, este servizo vai na liña marcada polo Departamento de converter a Santiago no destino para as súas compras non só dos composteláns, senón dos veciños da súa ampla área de influencia, e en referencia comercial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Para calquera dúbida ou aclaración, os usuarios poden porse en contacto coa Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago ou directamente nos establecementos asociados a Compostela Monumental ou Santiago Centro.
Os clientes dos comercios da cidade disporán dun servizo de coidado e atención dos nenos
31/08/2006 A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha, o sábado 2 de setembro, un servizo de atención e coidado para os fillos dos clientes que fagan as súas compras nos comercios da cidade. Deste xeito, os pais poderán visitar tranquilamente os establecementos mentres os rapaces xogan e se divirten baixo a supervisión de coidadoras especializadas en atención á infancia.
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, expresou a súa confianza en que "esta idea frutifique, que sexan moitos os composteláns e as compostelás que fagan uso do centro de atención, e que as 30 prazas para as que está previsto inicialmente se queden curtas axiña. Por suposto, ao tratarse dunha experiencia novidosa, estamos abertos a realizar calquera modificación no servizo se a experiencia inicial así o recomenda". Na rolda de prensa de presentación da iniciativa, estivo acompañado polo presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, e polo presidente da Fundación Santiago Centro Área Comercial, José María Fernández.Inicialmente, o servizo funcionará os sábados, en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 20:00 horas), e estará localizado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural), de maneira que resulte igualmente cómodo para os clientes que realizan as súas compras tanto no Ensanche coma no Casco Histórico. Durante a época de Nadal, o servizo amplíase a todos os días da semana, dende o 22 de decembro ata finais de ano, agás os días 24, 25 e 31, co fin de facilitar a compra nestes días de maior actividade comercial.