EDUCACIÓN
Os centros de ensino constitúen un referente idóneo para a posta en marcha do programa, polo seu equipamento, pola distribución territorial e pola seguridade. A inscrición nas actividades é libre e de balde e realizarase na secretaría da Escola de Verán dos CEIP de Fontiñas, Quiroga Palacios, Colexiata de Sar e Pío XII.
As propostas da Escola xiran en torno a unha serie de obradoiros de educación ambiental, de artes plásticas e de cociña. Isto complétase con visitas guiadas a centros de interese da cidade, con actividades deportivas e xogos cooperativos e con xogos populares e tradicionais.
O luns 4 de setembro, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, realizará unha visita ao CEIP de Fontiñas, ás 11:15 horas, onde fará unha valoración desta oferta de Escola de Verán 2006.
Para máis información, os interesados poden porse en contacto coa Concellaría de Educación, nos teléfonos 981 554 400/401.
A Escola de Verán tamén abre as súas portas en setembro
31/08/2006 Por quinto ano consecutivo ponse en marcha a Escola de Verán na súa edición de setembro. Do luns 4 ao venres 8 de setembro celebraranse as actividades deste programa, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade, en colaboración con diversas asociación da cidade, como Don Bosco, Asociación Galega para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ou Asociación Xuvenil de Cruz Vermella, entre outros.
Esta iniciativa tenta rendibilizar os equipamentos escolares como un espazo de aprendizaxe no tempo de verán, onde os nenos e as nenas poidan expresarse libremente, relacionarse e compartir. Entre os obxectivos que se pretenden alcanzar con esta proposta, salienta o ofrecemento dun espazo de encontro e de lecer para os rapaces e rapazas, cunha oferta pensada especialmente para eles/as e para as familias, no tempo de vacacións.Os centros de ensino constitúen un referente idóneo para a posta en marcha do programa, polo seu equipamento, pola distribución territorial e pola seguridade. A inscrición nas actividades é libre e de balde e realizarase na secretaría da Escola de Verán dos CEIP de Fontiñas, Quiroga Palacios, Colexiata de Sar e Pío XII.