CULTURA

Riscadela e Alvariza pechan Música na Rúa

30/08/2006 As actuacións de Riscadela e de Alvariza o xoves 31 poñen fin a unha nova edición de Música na Rúa. Foron doce xornadas ao longo do mes de agosto nas que veciños e turistas puideron gozar en directo dos ritmos máis tradicionais de Galicia.

Riscadela, formación constituída en Calo (Teo) achégase ata a praza de San Martiño Pinario a partir das 20:30 horas. Unha hora despois, estará no Toural Alvariza, unha agrupación procedente tamén do veciño municipio de Teo.

Deste xeito péchase unha edición de Música na Rúa dedicada ás distintas tendencias dentro da música de raíz galega, tralas experiencias coa música antiga e a dos instrumentos de vento en anteriores entregas. Grupos de toda Galicia, con predominio dos composteláns, encheron as prazas santiaguesas de música tradicional nas primeiras horas da noite. Non faltaron formacións como Cantigas e Agarimos, Brincadeira ou Colexiata de Sar.

Compartir: