CULTURA
O Taller Atlántico Contemporáneo inspira o seu concerto na atmosfera do cabaré de principios do século XX, no que música e acción escénica se unen co ambiente dun local de época. A obras de clásicos modernos que se sentiron fascinados polas posibilidades expresivas deste xénero, como Schoenberg (Brettl-Lieder) e Benjamin Britten (coa estrea en España da versión para grupo instrumental das súas Cabaret Songs) únense unha obras de carácter "performático" do compositor norteamericano Tom Johnson, Scene for piano and tape; a misteriosa composición Dolce tormento, para frautín só amplificado, na que Kaija Saariaho se inspira nun texto da Divina Comedia de Dante.
Nicasio Gradaille (piano), Luis Soto (frauta), Ramón Llátser (trompeta), José Vicente Faus (percusión), Alfonso Morán (contrabaixo), Saúl Canosa (clarinete) e James Dahlgren (violín) forman o TAC. A formación estará dirixida por Diego García Rodríguez e acompañada pola soprano Ingrida Gápová.
O Taller Atlántico Contemporáneo clausura as Xornadas de Música Contemporánea
31/10/2014 Tras un mes de concertos, as Xornadas de Música Contemporánea chegan este sábado á súa fin. Fano cunha proposta moi especial, Cabaret Contemporáneo, do TAC, Taller Atlántico Contemporáneo. Dirixidos por Diego García Rodríguez, e xunto á soprano Ingrida Gápová, estarán ás 22:00 horas na Sala Capitol.
Dentro do programa poderemos escoitar os Cabaret Songs de Benjamin Britten, dos que se estrea en España a versión para grupo instrumental. A entrada será gratuíta previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Principal no horario habitual ou na Sala Capitol dende unha hora antes de comezo do concerto.O Taller Atlántico Contemporáneo inspira o seu concerto na atmosfera do cabaré de principios do século XX, no que música e acción escénica se unen co ambiente dun local de época. A obras de clásicos modernos que se sentiron fascinados polas posibilidades expresivas deste xénero, como Schoenberg (Brettl-Lieder) e Benjamin Britten (coa estrea en España da versión para grupo instrumental das súas Cabaret Songs) únense unha obras de carácter "performático" do compositor norteamericano Tom Johnson, Scene for piano and tape; a misteriosa composición Dolce tormento, para frautín só amplificado, na que Kaija Saariaho se inspira nun texto da Divina Comedia de Dante.
Nicasio Gradaille (piano), Luis Soto (frauta), Ramón Llátser (trompeta), José Vicente Faus (percusión), Alfonso Morán (contrabaixo), Saúl Canosa (clarinete) e James Dahlgren (violín) forman o TAC. A formación estará dirixida por Diego García Rodríguez e acompañada pola soprano Ingrida Gápová.