ALCALDÍA
Como di o propio alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na publicación, a iniciativa "permitirá achegar axudas públicas para a colocación de ascensores, arranxo de fachadas e cubertas, espazos comúns e, incluso, interiores de vivendas, ademais de reurbanizar –sen custo para os veciños- as zonas públicas que o precisan". Este proceso tamén é analizado nunha entrevista pola concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.
Outros temas abordados no número 5 da revista son as políticas sociais do Concello, os novos parques infantís municipais da cidade ou os proxectos de urbanización aprobados en Romero Donallo e en San Lázaro e Roxos.
A rehabilitación dos polígonos de vivendas de Vista Alegre e Pontepedriña, protagonista dun novo número da revista de información municipal
29/08/2006 Nestes días os cidadáns están recibindo nas súas casas unha nova edición de "Santiago de Compostela", a publicación de información municipal. O número de verán ten como principal tema de análise a rehabilitación dos polígonos de vivendas de Vista Alegre e Pontepedriña.
Santiago de Compostela é pioneira en Galicia neste tipo de rehabilitación, que afecta a ámbitos que non son estritamente os das áreas declaradas patrimonio histórico. Esta actuación de recuperación integral permitirá elevar a calidade de vida dos veciños de Vista Alegre e dos grupos Compostela e Cardenal Quiroga, na Pontepedriña, ademais de por en valor os propios barrios.Como di o propio alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na publicación, a iniciativa "permitirá achegar axudas públicas para a colocación de ascensores, arranxo de fachadas e cubertas, espazos comúns e, incluso, interiores de vivendas, ademais de reurbanizar –sen custo para os veciños- as zonas públicas que o precisan". Este proceso tamén é analizado nunha entrevista pola concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.
Outros temas abordados no número 5 da revista son as políticas sociais do Concello, os novos parques infantís municipais da cidade ou os proxectos de urbanización aprobados en Romero Donallo e en San Lázaro e Roxos.