CULTURA

Os mellores ritmos tradicionais nunha nova xornada de "Música na rúa"

29/08/2006 Música na Rúa achégase ao seu fin. Na súa penúltima xornada, o mércores 30, trae as actuacións da Colexiata do Sar e de Pablo Seoane. As actuacións terán lugar nas prazas de Praterías e Mazarelos, respectivamente, ás 20:30 e 21:30 horas.

A actuación estrela da xornada chega da man da Colexiata do Sar. Difundir a música e o folclore de Galicia e contribuír ó desenvolvemento cultural do barrio de Sar son os fins primordiais desta formación, convertida xa nunha referencia no panorama da música tradicional galega. Son moitas as actuacións que ten ofrecido o grupo en Galicia, España e no mundo ao longo da súa completa traxectoria.

Outra proposta, tamén no eido da música galega é a do gaiteiro Pablo Seoane, que chega dende Cacheiras (Teo). Cunha longa traxectoria en solitario e en colaboracións, achegaralle ao público o son e a danza tradicionais galegas.

Compartir: