TURISMO
Ademais de información sobre as especialidades reposteiras e outros labores das monxas, incentívase ao mesmo tempo a comprensión da vida conventual, da historia das ordes relixiosas que os habitan e da importancia da música e do canto nos oficios, tanto nos conventos visitados como nos das carmelitas e das benedictinas
A visita guiada pretende ser só o primeiro paso dun proxecto máis amplo para por en valor o patrimonio relixioso da cidade. A iniciativa "Domus Dei" (casa de Deus, en latín) do Consorcio de Santiago quere abarcar nun futuro a ampliación dos horarios de apertura dos monumentos relixiosos, a mellora da información sobre horarios de apertura (tanto para visitas como para oficios) e o deseño de novas rotas que faciliten o seu coñecemento.
O obxectivo final destas visitas é por en valor recursos da cidade ata agora descoñecidos ou infrautilizados, pero que teñen un alto interese. En particular, a iniciativa pretende contribuír a prolongar a estanza media dos turistas. Con este obxectivo, existe un folleto sobre estas visitas, que se distribúe entre axencias de viaxes e ao longo do Camiño de Santiago.
Intramuros
De xeito paralelo, continúa a desenvolverse con éxito a exposición "Intramuros", pola que xa pasaron máis de 50.000 persoas dende a súa apertura o 14 de xullo. Esta mostra, ubicada no edificio do Banco de España, incide na mesma temática das visitas e ofrece unha visión da clausura dende unha perspectiva global. Reflicte aqueles aspectos relacionados coa espiritualidade, coa vida de oración e co traballo das comunidades conventuais, ademais dos relacionados coa arte e coa cultura que albergan dentro dos seus muros.
A mostra está deseñada ao redor dunha montaxe que presenta os espazos fundamentais que estruturan a organización da vida nos conventos de clausura: o torno, a igrexa, o coro, o refectorio, a cela, o xardín e máis a horta na que traballan e descansan as relixiosas. Fronte aos amosados nas visitas aos turistas, aquí están representados os conventos de San Paio, Santa Clara e Belvís.
Unha visión diferente de Compostela a través dos seus conventos
29/08/2006 Durante este verán, os turistas que chegan a Compostela están a descubrir máis polo miúdo os conventos da cidade. As visitas específicas programadas por Turismo de Santiago e a exposición "Intramuros", promovida polo Consorcio, están a facilitar este coñecemento exhaustivo.
Ata o 30 de setembro, os que se acheguen á cidade poden participar nas visitas guiadas por tres dos cinco conventos de clausura da cidade, os das mercedarias, dominicas e clarisas. As visitas realízanse ás 10:30 horas dos xoves (en castelán) e sábados (en inglés), con saída da Rúa do Vilar e un prezo de cinco euros. Con este itinerario, os participantes achéganse ao patrimonio e á forma de vida que esconden.Ademais de información sobre as especialidades reposteiras e outros labores das monxas, incentívase ao mesmo tempo a comprensión da vida conventual, da historia das ordes relixiosas que os habitan e da importancia da música e do canto nos oficios, tanto nos conventos visitados como nos das carmelitas e das benedictinas