CULTURA
En Paraíso Tabú—Naufraxio no acústico sur—, espectáculo de 45 minutos de duración, o espectador poderá deleitarse nunha experiencia única que o levará a somerxerse nas sinuosas ondas do acústico sur, un mar sonoro cheo de coloridos bancos de notas e manadas de ruídos. Poderá, se así o desexa, mergullarse por arrecifes sónicos de profundidades abisais, atravesar furiosos remuíños de 45 rpm, naufragar ata a cara B do océano de Música Prepost, e navegar a través de calmados sucos alén da liña do horizonte. O ávido espectador tamén poderá descubrir os tesouros ocultos entre a espesura das súas portadas paradisíacas e gozar dun amencer vinílico nun mundo idílico creado para espertar os sentidos.
Con este traballo, Música Prepost mostra unha visión metalingüística, desenfadada e creativa das ferramentas de traballo musical e o obxecto tecnolóxico; retorcendo todas as posibilidades de experimentación sonora e visual que atopan no mundo dos vinilos. Unha das características distintivas do vinilo son as súas crepitacións, que marcan a fronteira entre dous mundos: un ilusorio e remoto, o da música gravada; e outro inmediato e inquietante, a realidade mesma do disco.
Experimentando con esta fisicalidade do vinilo, xa sexa raiándoo, rompéndoo, pegando cachos de varios ata crear un novo; constrúen un remix analóxico en directo, que os coloca na vangarda desta práctica en España.
O dúo Música Prepost chega avalado pola excelente traxectoria dos seus compoñentes. Fran Torres é creador do colectivo sonoro Poke e da compañía de Teatro de Lux. Cunha dilatada carreira en montaxes teatrais, ten participado ademais en diversos filmes, como Carmina o revienta, de Paco León. Pablo Peña é baixista de Fiera, guitarrista de Pony Bravo e compositor en ambas as dúas bandas. Estes grupos veñen renovando o panorama do pop en España coas súas enérxicas composicións.
O acto de presentación é de entrada libre, previa retirada da entrada no Teatro Principal.
Música Prepost pica vinilos e imaxes na presentación de Curtocircuíto
30/09/2014 Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, ten o seu acto de presentación este mércores na Zona C, ás 21:30 horas, co espectáculo Paraíso Tabú—Naufraxio no acústico sur— a cargo de Música Prepost.
O dúo xorde da paixón que os músicos Fran Torres (Mopa, Millonesdetrillones) e Pablo Peña (Pony Bravo, Fiera) comparten polos vinilos vellos, maltratados e abandonados nos mercados da rúa, por eses sons esquecidos que ninguén quere. Dende a súa mesa de control, pican vinilos mentres van introducindo elementos diante da cámara, que ao se proxectaren en tempo real, xunto coa banda musical, conforman unha sorte de fotonovela audiovisual, unha película improvisada que nunca se repetirá. En total, 6 pratos e 3 cámaras sen fíos, máis de 100 vinilos, compoñen a proposta que traen a Compostela.En Paraíso Tabú—Naufraxio no acústico sur—, espectáculo de 45 minutos de duración, o espectador poderá deleitarse nunha experiencia única que o levará a somerxerse nas sinuosas ondas do acústico sur, un mar sonoro cheo de coloridos bancos de notas e manadas de ruídos. Poderá, se así o desexa, mergullarse por arrecifes sónicos de profundidades abisais, atravesar furiosos remuíños de 45 rpm, naufragar ata a cara B do océano de Música Prepost, e navegar a través de calmados sucos alén da liña do horizonte. O ávido espectador tamén poderá descubrir os tesouros ocultos entre a espesura das súas portadas paradisíacas e gozar dun amencer vinílico nun mundo idílico creado para espertar os sentidos.