CULTURA
Na segunda parte da reunión, a Comisión concretou as novas liñas de traballo do último trimestre de 2014 e primeiro semestre de 2015, que xirarán en torno á pedagoxía e o patrimonio, coun proxecto pedagóxico e divulgativo, a seguridade en grandes eventos culturais nos espazos históricos, a organización de novos cursos formativos para os corpos de extinción de incendios e emerxencias, diversas actuacións baseadas no concepto de Smart City-Smart Heritage nos que o Patrimonio Histórico sexa a base para xerar innovación e riqueza co apoio das novas tecnoloxías, dentro do marco global de "cidade intelixente" e, por último, a redacción dunha guía arqueolóxica dixital das 15 cidades.
Os proxectos desenvolvidos pola Comisión de Patrimonio do Grupo contan co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través da Secretaría de Estado de Cultura e a súa Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico, que para 2014 dotou cunha subvención de 240.000 euros os novos programas.
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 1993 cuxo obxectivo é actuar de maneira conxunta na defensa e a promoción do patrimonio cultural das 15 cidades que o compoñen, cuxos cascos históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
A Comisión de Cultura do GCPHE concreta as liñas de traballo para os vindeiros nove meses
30/09/2014 Celebrouse na sede da Casa de Galicia en Madrid a reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, participou na xuntanza, presidida por Miguel Ángel Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión.
Na primeira parte da reunión fíxose balance dos programas da Comisión nas súas distintas áreas executados ao longo de 2014: Xornadas Formativas sobre "Turismo e accesibilidade e atención a persoas con discapacidade", Libro Branco "Os plans de mobilidade nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España", o Congreso "Xestión de emerxencias no Patrimonio Histórico" celebrado en Ávila, un curso especializado en Córdoba sobre apuntalamiento de edificios históricos ante emerxencias, o Seminario Internacional "Cidades Históricas e Paisaxe Cultural e Urbano" celebrado en Cuenca, as Xornadas co título "A casuística dos Plans de Xestión do Patrimonio Mundial nas cidades do Grupo" que tivo lugar en Ávila e a redacción do "Libro Blanco do Patrimonio Arqueolóxico e Histórico das cidades do Grupo", como máis destacados proxectos.Na segunda parte da reunión, a Comisión concretou as novas liñas de traballo do último trimestre de 2014 e primeiro semestre de 2015, que xirarán en torno á pedagoxía e o patrimonio, coun proxecto pedagóxico e divulgativo, a seguridade en grandes eventos culturais nos espazos históricos, a organización de novos cursos formativos para os corpos de extinción de incendios e emerxencias, diversas actuacións baseadas no concepto de Smart City-Smart Heritage nos que o Patrimonio Histórico sexa a base para xerar innovación e riqueza co apoio das novas tecnoloxías, dentro do marco global de "cidade intelixente" e, por último, a redacción dunha guía arqueolóxica dixital das 15 cidades.